José María Rivera Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Rivera Corral
José María Rivera Corral.jpg
Nacemento 9 de agosto de 1856
  As Pontes de García Rodríguez
Falecemento 31 de xullo de 1936
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación empresario
editar datos en Wikidata ]

José María Rivera Corral, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) o 9 de agosto de 1856[1] e finado na Coruña o 31 de xullo de 1936[2], foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 14 anos, seus pais hipotecaron partes das súas pertenzas para lle pagar a pasaxe e emigrou con destino cara á Habana para máis tarde, entre 1874-1875, ir á Veracruz (México)[3] de onde retornou a finais do século XIX. Ao retornar comprou a casa familiar da que se tiveran que desprender seus pais en Vilavella, e casou con Carmen Illade Rilo[4]. Posteriormente, tamén mercaría casas e terreos na Coruña.

O primeiro negocio foi de 1898, unha fábrica de pasta de fariña e chocolate á que chamou, de novo, "La Estrella de Oro". Pero durou apenas dous anos[3]. En 1901, entrou a formar parte da sociedade Casado, Hermano y Compañía, que se adicaba á fabricación de bebidas gasosas e cervexa (sería o núcleo da empresa posterior)[4].

En 1906 fundou na Coruña a fábrica "La Estrella de Galicia", adicada á produción de xeo e cervexa. O nome alude ao antigo negocio de alimentación en Veracruz "La Estrella de Oro"[5].

Na década dos anos 20, o negocio pasa a seu fillo Ramón e a empresa pasou a se converter en Hijos de Rivera.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Illade Rilo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Estatua nas Pontes 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El pasado pontés de la Estrella Galicia". elprogreso.galiciae.com. Consultado o 30-08-2017. 
  2. La Voz de Galicia, 1-8-1936, p. 2.
  3. 3,0 3,1 "La Estrella que brilló en As Pontes". globalgalicia.org. Consultado o 30-08-2017. 
  4. 4,0 4,1 Alonso, Luis; Lindoso, Elvira; Vilar, Margarita. "Estrella Galicia, una cervecera centenaria". laopinioncoruna.es. Consultado o 30-08-2017. 
  5. "Historia da empresa". corporacionhijosderivera.com. Consultado o 30-08-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Álvarez, Luis (2006). "A boa estrela no camiño do emigrante" capítulo no libro Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 205–217. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.