Demetrio Salorio Suárez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de outubro de 1917 A Coruña, España |
| Morte | 9 de maio de 1992 A Coruña, España |
| 15 de marzo de 1966 – 15 de novembro de 1967 ← Eduardo Sanjurjo de Carricarte Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1966 – 1969 ← Eduardo Sanjurjo de Carricarte – José Pérez-Ardá López Valdivieso → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Escola Técnica Superior de Enxeñería - ICAI |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | enxeñeiro, político |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Fernando Salorio Suárez |
Demetrio Salorio Suárez, nado na Coruña o 9 de outubro de 1917 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1992,[1] foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Comercio e Enxeñería no ICAI. En 1943 incorporouse á Sociedad Gallega de Electricidad, e onde pasou en 1947 á compañía Fenosa. En 1965 foi nomeado vicepresidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña e traballou en Elaborados Metálicos, Isolux Galicia e La Artística.
Foi alcalde da Coruña entre 1966 e 1969. Durante o seu mandato inaugurou o Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, formulou a proposta de creación dunha mancomunidade de municipios, municipalizou a empresa de augas e inaugurou a estación de San Diego e o Barrio das Flores. Tamén foi procurador en Cortes e colaborou na pensa local.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán do enxeñeiro Fernando Salorio Suárez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Demetrio Salorio, ex alcalde de La Coruña". El País (en castelán). 11 de maio de 1992.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "SALORIO SUÁREZ, Demetrio". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 135. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Eduardo Sanjurjo de Carricarte |
Alcalde da Coruña 1966 – 1969 |
Sucesor: José Pérez-Ardá |