France García García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrance García García
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Parque Punta Herminia, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé García Iglesias Editar o valor em Wikidata
IrmánsPepín García García e Bebel García García Editar o valor em Wikidata
Monumento aos represaliados polo franquismo.

France García García, nado en Ribadeo en 1912 e finado na Coruña o 29 de xullo de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José García Iglesias, naceu en Ribadeo, trasladándose logo coa súa familia á Coruña, onde el e os seus sete irmáns eran coñecidos como "Os da lexía", porque seu pai montou na cidade un negocio de fabricación e venda de lixivia. Militante das Juventudes Socialistas da Coruña, colaborou no seu voceiro Joven Socialista. Despois incorporouse ás Juventudes Socialistas Unificadas. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia co seu irmán Bebel.[1][2] Un terceiro irmán, Jaurés, tamén foi encarcerado, e aínda que non foi fusilado nun principio por ser menor de idade, finalmente apareceu morto no Campo da Rata, mentres o trasladaban de prisión.[3][4] Pepín, outro dos irmáns, foi xulgado por sedición, pero conseguiu fuxir, uniuse á loita contra as tropas franquistas, perdeu unha perna na batalla de Brunete e finalmente exiliouse na Arxentina.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A coruñesa rúa "Hermanos de la Lejía" chámase así en memoria de France e os seus irmáns.[6][7] No verán de 2018 a Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz rendeulles homenaxe cunha serie de actos, entre eles a inauguración dunha escultura conmemorativa na parroquia de Santa Mariña, realizada polo escultor Xosé Val Díaz.[8][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tres fusilamientos en Adormideras". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 1936. p. 1. 
  2. "En La Coruña - Fusilamientos". El Compostelano (en castelán). 30 de xullo de 1936. p. 1. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  3. "Un partido de fútbol homenaxeará a Bebel, "zurdo para xogar e para pensar"". 17 de agosto de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. "Los hermanos de la Lejía, referente histórico del socialismo coruñés" (en castelán). 2 de marzo de 2002. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  5. "En memoria de Pepín de la Lejía". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de agosto de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  6. "Un partido de fútbol homenaxeará a Bebel, "zurdo para xogar e para pensar"". 17 de agosto de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  7. "Calle Hermanos de la Lejía" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  8. "En memoria dos Irmáns da Lexía". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 2018. 
  9. "Guitiriz erixirá un monolito en honor a 'Os da lexía'". Xornal de Lugo. 27 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  10. Río, Raúl (15 de agosto de 2018). "Alfonso Blanco Torrado e os Irmáns da Lexía". GaliciaDigital. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]