Saltar ao contido

Xardíns de Méndez Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xardíns de Méndez Núñez
A Coruña Editar o valor en Wikidata

Tipoxardín Editar o valor en Wikidata
EpónimoCasto Méndez Núñez Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°22′02″N 8°24′11″O / 43.367231, -8.403078
Situado enA Coruña Editar o valor en Wikidata
Composto por
Wikidata ] C:Commons ]
Reloxo floral.
Calendario floral; ao fondo o roseiral.

Os Xardíns de Méndez Núñez[1] son uns xardíns da cidade da Coruña situados entre os Cantóns e o porto. Están dedicados ao mariño Casto Méndez Núñez, heroe da Primeira Guerra do Pacífico.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os xardíns están estruturados en tres áreas:[2]

  • O paseo de palmeiras.
  • Masa arbórea central, na que se atopan o calendario e o reloxo floral.[3]
  • O roseiral.[4]
Ampliación do porto de Celedonio de Uribe.

Ata mediados do século XIX o único espazo axardinado da Coruña era o baluarte de San Carlos.[5] Co proxecto de ampliación do porto de Celedonio de Uribe apareceu unha área gañada ao mar que se chamou o Relleno (“Recheo”).[6] Esta zona foi axardinada a proposta do arquitecto municipal José María Noya[7] segundo o deseño de Narciso García de la Torre.[6]

En 1868 creouse a alameda pública, que o 8 de maio de 1871 recibiu o nome de Méndez Núñez.[5] O xardín foise mellorando grazas ás doazóns de capitalistas, cidadáns e persoeiros ilustres como Modesta Goicouría.[5]

Durante o século XIX instaláronse tamén quioscos de refrescos e para a celebración de feiras; o primeiro deles foi o deseñado por Faustino Domínguez Domínguez en 1877. Para poder levar a cabo bailes inaugurouse en 1884 un palco da música e a partir de 1896 colocáronse estatuas para recoñecer algunhas personaxes públicas.[5]

A principios do século XX comezou a construción de quioscos fixos.

Botánica

[editar | editar a fonte]

Os xardíns acollen especies moi diversas entre as que destacan os dous grupos de palmeiras canarias recoñecidas como árbores senlleiras de Galicia.[4]

Tamén están catalogados o Eucalyptus diversicolor, o ombú e as kentias.[8]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Entre os elementos arquitectónicos dos xardíns destacan:

Escultura

[editar | editar a fonte]
Monumento a Aureliano Linares Rivas

Nos xardíns de Méndez Núñez atópanse varias esculturas dedicadas a diversos persoeiros. A primeira foi a dedicada ao deputado Daniel Carballo, de Agustín Querol (1896), sobre un pedestal de Pedro Mariño. Porén, máis interesante artisticamente é o monumento que o mesmo autor dedicou a Aureliano Linares Rivas en 1912.[5]

Destacan tamén os monumentos a Concepción Arenal, de Rafael González Villar, e a Emilia Pardo Bazán, de Lorenzo Coullaut Valera, ambos os dous de 1916,[5] e o monumento a Curros Enríquez, de Francisco Asorey (1928-1934).[1]

As personaxes que teñen monumentos dedicados son Alfredo Suárez Ferrín (Ramón Conde), Valle-Inclán (Ramón Conde, 1986), Wenceslao Fernández Flórez (José Castiñeiras Igrexas, 1985), Castelao (Manuel Ferreiro Badía, 1986), Manuel Murguía (Fernando Cortés Bugía), Juan Fernández Latorre (José Escudero, 1958), o doutor Hervada (José Escudero), Eduardo Pondal (Fernando Cortés Bugía)[1] e John Lennon (José Luis Ribas Fernández, 2005).[17]

Existen ademais os monumentos ao libro e aos seus creadores (Buciños, 1976), o que conmemora o Ano Internacional do Neno (Mon Vasco)[1] e a escultura Xente, de Emilio Celeiro (instalada en 2021), en homenaxe ao persoal sanitario polo seu labor durante a pandemia de COVID-19.[18] Os monumentos de Felipe de Moratilla a Themys e Baco e ao pescador napolitano foron trasladados ao almacén municipal e ao Aquarium Finisterrae respectivamente.[16]

Aspectos sociais

[editar | editar a fonte]

No relativo ao activismo e simboloxía LGBT, cabe destacar que os xardíns de Méndez Núñez serviron como lugar de socialización e encontros íntimos para os homosexuais na cidade da Coruña ao longo de décadas, formando parte dos mapas do denominado cancaneo (práctica de sexo en lugares públicos, asociada acotío con persoas do colectivo LGTB), como demostra que xa en 1944 un xardineiro recibiu a notificación dunha multa por “permitir la comisión de actos inmorales” nestes xardíns coruñeses[19].

Deste espazo destaca unha cuestión canto menos curiosa, e é que no ano 1944 o Goberno Civil da Coruña imporá unha multa de 150 pesetas a Ricardo Ramallo, xardineiro dos xardíns de Méndez Núñez por “permitir la comisión de actos inmorales”. O suceso en si non só nos indica que o uso deste espazo como lugar de encontro para o sexo entre homes ten unha proxección no tempo de case oitenta anos, senón que, alén diso, estanos a falar dunha conduta de permisividade e protección cara a estas persoas por parte da cidadanía[20].

Fronte a estes encontros, reprimidos en distintos momentos históricos polas autoridades, xa nas últimas décadas do século XX e entrado o XXI, grupos de radicais agrediron en varias ocasións a homosexuais que atoparon neste espazo, a última da que se ten constancia en 2010[21], agresións ante as que se convocaron actos de repulsa na cidade[22][23].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Xardíns de Méndez Núñez
  2. "Los jardines de Méndez Núñez de A Coruña cuentan ya con paseo virtual". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  3. Xardíns de Méndez Núñez
  4. 4,0 4,1 "Árbores e formacións senlleiras de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Fernández Fernández, Xosé. La Terraza y los kioscos de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (en castelán). Recortables de La Coruña. 
  6. 6,0 6,1 "El ingeniero que ensanchó A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de novembro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  7. "Xardíns de Méndez Núñez". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  8. Revisión e adaptación do plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Pescadería. Concello da Coruña. xuño de 2012. 
  9. Palco da música
  10. 10,0 10,1 10,2 Fernández Fernández, Xosé. Una arquitectura desaparecida. Kioscos de refrescos y tinglados de ferias de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  11. Casabella López, Xosé Manuel; Suárez Brandariz, Roberto; Valle Rubín, Teresa. Edificio do Kiosco Alfonso nos Xardíns de Méndez Núñez. Recortables de La Coruña. 
  12. Edificio singular. Edificio Atalya
  13. "O edificio Atalaya". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  14. Especial Galicia
  15. "Acta do xurado." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  16. 16,0 16,1 Villar, Marta (14-9-2008). "El jardín de los secretos". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  17. "John Lennon “visita” A Coruña 25 años después de su muerte". Arquivado dende o orixinal o 08/12/2015. Consultado o 30/11/2015. 
  18. E.P. (09-11-2021). "O Concello da Coruña instala unha escultura en homenaxe aos sanitarios obra de Emilio Celeiro". Galicia Confidencial (A Coruña). Consultado o 11-11-2021. 
  19. Salgado, Daniel (2022-06-11). "Historia de la disidencia sexual gallega: del jardinero que protegió a los gays en la dictadura a las Maribolheras Precárias". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-06-13. 
  20. Ferrández Pérez, Daniela (2022). A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Xerais. ISBN 978-84-1110-120-2. 
  21. "O Orgullo Galego: Os xardíns coruñeses de Méndez Núñez e as historias de persecución de homosexuais neles". Galicia Confidencial. Consultado o 2025-06-13. 
  22. "Milhomes abandona la lucha". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-07-19. Consultado o 2025-06-13. 
  23. Coruña, Redacción | A. (2010-09-16). "Un colectivo convoca una protesta contra la agresión a una pareja gay". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2025-06-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]