Saltar ao contido

VIII Rexión Militar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Capitanía Xeneral de Galicia»)
Modelo:Xeografía políticaVIII Rexión Militar
Imaxe

Localización
Mapa
 42°44′35″N 7°49′40″O / 42.74298, -7.82776
CapitalA Coruña Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1705 Editar o valor en Wikidata

A Capitanía Xeneral da Coruña.

A Capitanía Xeneral de Galicia, coñecida tamén como VIII Rexión Militar, ten a súa orixe no reinado dos Reis Católicos, cando foi creada para substituír o cargo de adiantado maior do Reino da Baixa Idade Media e os condes da Alta Idade Media.[1]

O primeiro en ostentar o cargo de gobernador e capitán xeneral de Galicia foi Fernando de Acuña y de Herrera, nomeado polos Reis Católicos en 1480 co obxectivo de pacificar un reino conflitivo e permanentemente en pé de guerra. Por Real Cédula do 3 de agosto de 1480, os Reis nomean a Fernando de Acuña e a Garci López de Chinchilla «nuestros jueces en todo el dicho reyno de Galicia, en quanto nuestra merced e voluntad fuere», con atribucións amplas esencialmente xudiciais, pero tamén de goberno por canto tiña a autoridade propia dun período de excepción[2]. O cabido de Santiago, nun acordo do 12 de marzo de 1481, cualifica a Fernando de Acuña de visorey.[3]

O primeiro gobernador do Reino de Galicia que levou explicitamente o título de capitán xeneral foi Pedro López de Ayala en 1521,[4] aínda que non lle reportou máis poderes dos que xa tiña.[4]

Funcións

[editar | editar a fonte]

O capitán xeneral e gobernador de Galicia tiña a función de coñecer e sentenciar as causas civís ou criminais. Tamén tiña o poder para desterrar calquera persoa que crese necesario, nomear xuíces e corrixidores, o levantamento en armas dunha ou máis comarcas e a esixencia do concurso de toda a xente de guerra.[1] Tamén tiña o cargo de presidente da Real Audiencia de Galicia, o que provocou disputas entre A Coruña e Santiago de Compostela por quedar coa residencia do gobernador.[1] Finalmente, o rei Filipe II decidiu, mediante Real cédula de 14 de agosto de 1564 que a Capitanía Xeneral fose trasladada á cidade da Coruña.[1]

Os capitáns xenerais tiveron pois ocasión de, actuando en nome do Real Servizo que era o seu cometido principal, combater en numerosas ocasións xunto ao pobo galego na defensa de cidades, pobos e do territorio de Galicia e promover investimentos de todo tipo en obras militares e civís, tanto para modernizar defensas de portos e fronteiras de Galicia e dotar a este territorio dunha máis adecuada infraestrutura castrense, como para mellorar comunicacións e contribuír a racionalizar urbanismos nalgunhas cidades.[4]

VIII Rexión Militar

[editar | editar a fonte]

A división de España en Capitanías Xenerais data de 1705, cando se axustaron aos antigos reinos que constituían a Monarquía Hispánica. Tratábanse de trece rexións: Andalucía, Aragón, Burgos, Canarias, Castela a Vella, Cataluña, Estremadura, Galicia, Costa de Granada, Guipúscoa, Mallorca, Navarra e Valencia.

En 1898 volveuse a dividir o territorio peninsular en sete novas Rexións Militares, á vez que se constituíron as Comandancias Xenerais de Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.

Trala proclamación da Segunda República, un decreto gobernamental disolveu as rexións militares que foron substituídas polas Divisións Orgánicas.[5] En xullo de 1936, desempeñaba a xefatura da VIII División Orgánica o xeneral Enrique Salcedo Molinuevo. En xullo de 1939, tras finalizar a guerra civil española quedan restablecidas as rexións militares. Á VIII Rexión asígnase o VIII Corpo de Exército con dúas divisións: a 81.ª (A Coruña) e a 82.ª (Lugo).[6]

Territorio

[editar | editar a fonte]

Comprendía as catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

A Rexión Militar responde xa a un modelo de defensa territorial histórico posto que desde 2002 as Forzas Armadas españolas organízanse en unidades tácticas en función dos cometidos e misións asignados.[7]

  1. 1 2 3 4 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. Laura Fernández Vega, La Real Audiencia de Galicia como órgano de gobierno durante el Antiguo Régimen, 1480-1808, Vol II, A Coruña, 1983, páx. 72.
  3. López Ferreiro, Antonio (1904). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela (en castelán) 7. p. 296.
  4. 1 2 3 Verdera Franco.
  5. Gaceta de Madrid núm. 168, del 17 de junio de 1931
  6. Decreto do Ministerio de Defensa de 21 de xullo de 1939
  7. Real Decreto 912/2002, de 6 de septiembre, por el que se desarrolla la estructura básica de los Ejércitos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]