José Sánchez Bregua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Sánchez Bregua
Nacemento15 de setembro de 1818
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento19 de xuño de 1897
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e militar
editar datos en Wikidata ]

José Sánchez Bregua, nado en Santa María de Oleiros (Oleiros) en 1818 e morto en Madrid o 19 de xuño de 1897, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en 1835, loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende 1844 ata 1850 estivo coma alférez en Filipinas, e en 1852 ascendeu a capitán. Durante a guerra de África desempeñou o negociado de campaña no Ministerio da Guerra, e, a partir de entón, grazas ás súas dotes como militar e organizador, a súa carreira foi rápida e brillante. En 1868 ascendeu a xeneral de división.

Foi Subsecretario da Guerra con Prim, e á morte deste, Capitán Xeneral de Galicia. Neste último cargo reprimiu persoalmente a insurrección federal do Arsenal de Ferrol, polo que foi ascendido a tenente xeneral. Foi Ministro de Guerra no Gabinete de Emilio Castelar, cargo que ocupaba ao se producir o Golpe de Estado do xeneral Manuel Pavía. Despois da Restauración foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1877, deputado a Cortes polo distrito de Huesca nas eleccións de 1879, senador pola provincia da Coruña (1879-1880) e en 1881 foi nomeado senador vitalicio.

Foi soterrado na Coruña o 20 de xuño de 1897. A gravación do seu enterro, coñecida como Entierro del General Sánchez Bregua, está considerada o primeiro filme cinematográfico rodado en Galicia, se ben a cinta non se conserva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Antonio López de Letona
Capitán Xeneral de Galicia
1870 - 1873
Sucesor:
Enrique Enríquez García