Álvaro Cebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álvaro Cebreiro
Nacemento26 de maio de 1903
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento9 de novembro de 1956
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor, ilustrador e caricaturista
Coñecido porMáis alá!
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Cebreiro Martínez, nado na Coruña o 26 de maio de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1956, foi un debuxante, ilustrador e caricaturista galego, artista precoz que se deu a coñecer en A Nosa Terra cando só tiña dezaseis anos de idade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Comercio da Coruña. En 1919 comezou a colaborar en A Nosa Terra, Mondariz e Alborada facendo caricaturas. Fixo a primeira exposición en 1920 na sede das Irmandades da Fala da Coruña. Traballou en El Pueblo Gallego, El Sol, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego, Galicia Emigrante, Mariñana, As Roladas, Ronsel e Alfar, e deseñou a cabeceira de Mar y Tierra.

Con A. Villar Ponte e Bernardino Machado na Coruña en 1927.

Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922, xunto co poeta Manuel Antonio escribiu o manifesto Máis alá!, relativo á vangarda artística e literaria galega. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e fixo amizade con varios artistas, entre eles Tsuguharu Foujita. En 1926 fixo debuxos para a edición da obra de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte. O drama da Guerra Civil trocoulle o carácter, deixou de coidarse e tivo que pasar varias tempadas no sanatorio antituberculoso de Ferrol, non volveu publicar ata 1945. En 1950 volveu publicar debuxo de humor en El Ideal Gallego[1]. Ingresou en 1953 na Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario" e pouco despois recibiu unha homenaxe organizada por diversos persoeiros como Camilo José Cela, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Mariano Tudela e José María Castroviejo.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Tumba de Álvaro Cebreiro no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

O 1 de decembro de 2015, a rúa General Mola da cidade da Coruña pasou a chamarse "Álvaro Cebreiro".[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Dibuxos de Cebreiro (1958). Con prólogo de Otero Pedrayo e epílogo de José Fernández Méndez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Álvaro Cebreiro". La Voz de Galicia. Consultado o 28/05/2018. 
  2. López, Siro: "Cebreiro, Álvaro" en Gran Enciclopedia Galega.
  3. "Adeus General Mola, adeus Juan Canalejo". Sermos Galiza. 1 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015.  Arquivado 05 de decembro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]