Pedro González Telmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro González Telmo
Nacemento9 de marzo de 1190
Lugar de nacementoFrómista
Falecemento15 de abril de 1246
Lugar de falecementoTui
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Na rede
Find a Grave: 9470644 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
San Telmo na igrexa de San Caetano de Santiago de Compostela.

Pedro González Telmo ou Elmo, coñecido como San Telmo, nado quizais en Frómista, quizais en Astorga antes de 1190 e finado o 14 de abril de 1246 en Tui, foi un relixioso católico latino español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Sobriño de bispo, recibiu estudos e unha boa posición social. De vida disipada e amante da vangloria, cóntase que a cando cabalgaba con fachenda e con vestiduras ostentosas, o seu cabalo derrubouno nun lameiro, sendo obxecto da xacarandaina do pobo. Ferido no seu orgullo, esta anécdota foi o inicio da súa conversión.

Ingresou na orde dominicana en Palencia renunciando a todos os seus bens e aplicándose ao estudo e á predicación por vilas e aldeas. O rei Fernando III de Castela, abraiado polo seu carisma fíxose acompañar del nas súas expedicións militares polo Val do Guadalquivir que acabarían coas importantes conquistas de Córdoba e Sevilla. Alí foi confesor do monarca e predicador das tropas leonesas, galegas e castelás. A súa insistencia en moderar a crueldade e os excesos dos soldados do rei causáronlle o rexeitamento e a animadversión.

Abandonou o servizo do rei, e volveu a predicar ao reino de Galicia entre as clases humildes e pobres, particularmente os pescadores e as propias tripulacións dos barcos que non tiñan ocasión de asistir a servizos relixiosos. A autenticidade da súa predicación, o seu labor pacificador nas liortas das xentes, e a súa atención polos máis necesitados, déronlle sona de santidade. Cóntase que, xa en vida, cando os mariñeiros tiñan apuros nas tempestades encomendábanse as súas oracións.

Foi nomeado prior do convento de Guimarães, en Portugal, onde tivo entre os seus frades a Gonzalo de Amarante. Xa quinquaxenario, retirouse a Tui, onde fixo amizade co bispo Lucas de Tui; na Pascua de 1246, mentres peregrinaba á suposta tumba do Apóstolo Santiago o Maior, faleceu tras caer enfermo.

Logo do seu falecemento, en 1254 foi aprobado o seu culto para os reinos hispánicos, foi beatificado para toda a Igrexa católica en 1741. É patrón da cidade de Tui, da diocese de Tui-Vigo e da Mariña.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]