Vedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°47′N 8°28′W / 42.783°N 8.467°W / 42.783; -8.467

Vedra
Bandeira de Vedra---Escudo de Vedra
Casa do Concello de Vedra.JPG

Casa do concello.
Situacion Vedra.PNG
Situación
Xentilicio[1] vedrés
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Santiago
Poboación 5.073 hab. (2014)
Área 52,8 km²
Densidade 96,08 hab./km²
Entidades de poboación 12 parroquias
Política (2011)
Alcalde Carlos Martínez Carrillo
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 5
Outros: TEGA 1
Eleccións municipais en Vedra
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 77,81%
Na rede
www.concellodevedra.com
correo@concellodevedra.com

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Vedra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
5.570 5.639 5.763 5.791 5.057 5.059 5.046 5.043 5.008 {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 5.073 habitantes
Menores de 15 anos 589 (11.61 %)
Entre 15 e 64 anos 3.287 (64.79 %)
Maiores de 65 anos 1.197 (23.59 %)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.

Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.

Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. O clima é temperado, con influencias oceánicas.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai seis castros localizados no concello: un no lugar do Castro (Illobre), outro entre as parroquias de Merín e San Miguel de Sarandón, outro no lugar do Castro (A Ponte Ulla), en Socastro (San Mamede de Ribadulla), en Marzán de Arriba (Vedra), e o castro de Agronovo ou Coto do Castro, en Santa Cruz de Ribadulla.

Do período da romanización consérvase un miliario da época do emperador Calígula, atopado en 1867 na Gándara (San Fins de Sales) e un anel gravado datado cara ao século III. POr aquí pasaba unha vía militar, e dela consérvase a ponte Busacos, en San Fins de Sales, de dous arcos de medio punto e outro rectangular.

Na Idade Moderna a zona estivo vencellada á Terra de Santiago. Á nova nobreza desa época pertencían o marqués de Santa Cruz de Ribadulla e o conde de Ximonde, con foros nas terras. A Universidade de Compostela dispuña de dereitos sobre certas terras para cubrir gastos do seu funcionamento, e o Hospital Vello de Santiago tivo a propiedade do casal de Argunte, en San Mamede de Ribadulla.

No informe sobre o estado das rúas, fontes, murallas e camiños de Santiago mandado facer en 1542 por Carlos I menciónase o camiño de Ourense e as pontes de Sar, a de Ponte Pedriña e a de Busacos. En 1571 un forte temporal de neve e choivas destruíu o mosteiro de San Xoán da Cova e as pontes da Ulla e de Sarandón. A da Ulla foi reparada en 1612, e a outra non se sabe se se chegou a reparar, pois en 1708 outra nova enchenta derrubou as pontes.

Logo desa riada, en 1709 puxéronse barcas para cruzar o río, cun arrendamento da xestión das mesmas por períodos de 4 e 6 anos. Por elas eran transportadas as mercadorías que ían de Ourense e do Ribeiro cara a Santiago, A Coruña e Ferrol. Aínda que en 1737 foi concedido o permiso para reedificar as pontes, aínda en 1926 seguían activas as barcas do Ulla e de Sarandón. A ponte da Ulla (coñecida na actualidade como A Ponte Vella), rematouse en 1835, e a de Sarandón, aínda en pé, construíuse entre 1924 e 1926.

A comezos do século XVII as 12 parroquias actuais pertencían ao Arcebispado de Santiago. Co incremento da demografía desa época, debido á mellora na alimentación conseguida cos produtos chegados de América, as familias nobres de Compostela comezaron a instalarse na zona, exercendo os dereitos sobre as propiedades que adquiriran masivamente desde o século anterior.

O quinto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Juan Ignacio Armada, foi quen dirixiu o Batallón Literario formado en xuño de 1808 para defender a relixión, a patria e o rei. Para consolidar a autoridade moral do marqués, foi investido doutor en todas as facultades da Universidade compostelá.

Durante as guerras Carlistas, o conde de Ximonde, Pedro de Cisneros, puxo a disposición da causa carlista o pazo de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, ademais de colaborar transportando armas para as faccións. No pazo de Ximonde elaborouse pólvora, e nel o pintor Cayetano Jordán pintou o escudo carlista, unha bandeira e outros obxectos.

Flora[editar | editar a fonte]

A rexión posúe este tipo de flora:

Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

  • chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
  • chegada das repoboacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Vedra.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)


Lugares de Vedra[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vedra vexa: Lugares de Vedra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vedra Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Santiago Comarca de Santiago
Ames
Ames
Boqueixón
Boqueixón
Brión
Brión
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Teo
Teo
Val do Dubra
Val do Dubra
Vedra
Vedra