Colaborou na Revista Galaica e gozou dunha enorme popularidade e influencia na súa cidade. Murguía, en Los precursores, afirma: Pertencía a aquel grupo de xenios descontentos e túzaros que nas súas vinte primaveras, e sen ver máis campos ca os que rodean a súa cidade, cre coñecer o mundo, ter sufrido grandes desenganos e probado tódalas feles da vida.
Como lle acontecera a máis dun poeta romántico, Aurelio Aguirre morreu moi novo (aos 25 anos de idade) e de forma tráxica: afogouse na praia de Santo Amaro da Coruña, sen estar claro se a súa morte foi accidental ou un suicidio.[2][3]
El mesmo comezou a publicación da súa obra poética, que se editaría postumamente co título Ensayos poéticos (1856-1858); tamén escribiu un drama e a narración Risas y lágrimas. A súa obra foi escrita en castelán, agás un poema titulado "Un consello", publicado en 1966 por Xosé María Álvarez Blázquez. En 1901 fíxose unha recompilación de parte dos seus poemas co título Poesías selectas, cun prólogo de Leandro de Saralegui Medina.