Francisco Prego Campos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 A Coruña, España |
Morte | 31 de agosto de 1936 (43/44 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , político |
Francisco Prego Campos, nado na Coruña en 1892 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario do Concello da Coruña dende 1915 e despois xefe de negociado. Foi secretario da directiva do coro Cántigas da Terra.[1] Na República afiliouse ao Partido Republicano Gallego e foi secretario da xunta do distriro primeiro da Coruña,[2] despois pasou a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Manuel Guzmán García, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Obdulia de la Colina Calzada en 1919.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Regreso al lugar del crimen en La Voz de Galicia
- Francisco Prego Campos na páxina web Nomes e Voces.