Praia de Riazor
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Riazor.
| Praia de Riazor | |
|---|---|
| 43°22′07″N 8°24′41″O / 43.368599999797, -8.411299999915 | |
| Características xerais | |
| Lonxitude | 610 m |
| Grao de ocupación | Alto |
| Grao de urbanización | Urbana |
| Paseo marítimo | |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | Urbana |
| Tipo de area | Grosa |
| Condicións do baño | |
| Aspectos medioambientais | |
| Bandeira Azul | Si |
| Seguridade | |
| Equipo de vixilancia | Si |
| Sinalización do perigo | Si |
| Policía local | Si |
| Equipo de salvamento | Si |
| Accesibilidade | |
| Accesible a discapacitados | |
| Sinalización do acceso | |
A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.
Características
[editar | editar a fonte]Conta con aseos, duchas, alugamento de tumbonas, vixilancia, servizo de socorro, posto de primeiros auxilios, posto de salvamento da Cruz Vermella, acceso para persoas con diversidade funcional, aparcadoiro (baixo o Paseo Marítimo e de pago), quiosco de prensa e múltiples cafeterías e bares con terraza.
Céntrica, preto da Praza de Pontevedra, do Pazo de Deportes e do Estadio Municipal de Riazor. Chegan á praia as liñas de buses: 3, 3A e 7.
Non se permiten animais. Moi concorrida de maio a setembro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
