Cidade Xardín da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade Xardín da Coruña
A Cidade Xardín dende a praza de Portugal.
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′00″N 8°25′01″O / 43.366758089979, -8.4169689975879Coordenadas: 43°22′00″N 8°25′01″O / 43.366758089979, -8.4169689975879
editar datos en Wikidata ]
Situación da Cidade Xardín da Coruña.

A Cidade Xardín é un barrio da cidade da Coruña. Foi deseñada segundo o exemplo das cidades xardín concibido polo inglés Ebenezer Howard, con vivendas unifamiliares e chalés.

Historia[editar | editar a fonte]

A Cidade Xardín foi creada ao abeiro da Lei das Casas Baratas, que daba pulo á construción de colonias de obreiros, aínda que en moitos casos acabaron convertidas en vivendas para as clases acomodadas.

A Cidade Xardín foi impulsada por un grupo de cidadáns reunido no Círculo de Artesáns en novembro de 1921. A Sociedade estaba formada por Luís Cornide Quiroga, Canuto Berea Rodríguez, José Agudín Aspe, Francisco Vázquez Lens, José Piñeiro Vázquez, Gabriel López Companioni, Eduardo Rodríguez-Losada, Jacobo Correa Oliver, Ricardo Pernas Varela e Manuel Fernández Morales, que presentaron o proxecto dirixido por Eduardo Rodríguez-Losada.

O grupo, cun capital dun millón de pesetas meteulle presión ao Concello para comezar deseguido a urbanización nunha área que no proxecto do Segundo Ensanche se definía como parque. Os promotores xustificaron a súa supresión pola suposta necesidade de novas vivendas e porque xa se decidira a creación do Parque de Joaquín Costa nas súas proximidades.[1] Nun ano constrúense catorce chalés e en 1923 constituíronse nunha compañía co nome de Sociedad Coruñesa de Urbanización SA. A finais da década a Cidade Xardín xa estaba formada por máis de corenta chalés, dous edificios destinados ao ensino e un observatorio meteorolóxico. As casas custaban unha media de 40 000 pesetas.

A sociedade asinou en 1935 un contrato coa Sociedad Cooperativa Domus para a construción de trinta vivendas máis na zona, que se remataron en 1937. En 1953 disolveuse a sociedade.

Outros proxectos similares[editar | editar a fonte]

A partir da Lei das Casas Baratas propuxéronse outros proxectos de urbanizacións nesa época. Construíronse as casas do Campo de Marte, mais non se chegou a realizar o proxecto presentado por Antonio Tenreiro, Peregrín Estellés e Pedro Mariño da Cidade Satélite Concepción Arenal (1930), situada na península da Torre e que acollería cinco mil habitantes.[2] A indecisión ante os problemas da intensidade dos ventos da zona retardou a súa posta en marcha ata o seu esquecemento ao coincidir coa Guerra Civil.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Entre os edificios da Cidade Xardín destacan:[3]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. 
  2. "La cooperativa Concepción Arenal proyectó un barrio para 5000 personas en Adormideras". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  3. Plan Xeral – Cidade Xardín
  4. Prieto, Nuria (31/08/2022). "El Sanatorio del Socorro de A Coruña, un icono de la arquitectura de los años 20". El Español (en castelán). Consultado o 26/10/2022. 
  5. Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura déco en Galicia: El modelo coruñés" (PDF). Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]