Félix Estrada Catoyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Félix Estrada Catoyra, retrato en Vida Gallega, 1910.

Félix Domingo Estrada Catoyra, nado en Porto Príncipe (Cuba) o 26 de novembro de 1853 e finado na Coruña o 14 de marzo de 1938, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Domingo Estrada, natural de Betanzos, e Ramona Catoyra. Estudou Medicina e Farmacia en Santiago e A Habana. En 1877 ingresou no Corpo de Sanidade do Exército, e ao ano seguinte embarcou para Cuba. Foi catedrático de Historia Natural e Zootecnia da Escola de Agricultura de Cuba. Regresou a España en 1895. Ascendeu a maior e pasou ao Hospital Militar da Coruña. En 1906 foi destinado a Segovia. En 1910 foi nomeado sub-inspector médico, e regresou á Coruña ao ano seguinte como médico de Capitanía e xefe de servizos do Hospital Militar, retirándose en 1915. Ingresou na Real Academia Galega o 8 de agosto de 1921, e foi o seu tesoureiro (1924-1938). De 1924 a 1926 foi presidente do Círculo de Artesáns, sobre o que publicou o libro Contribución a la Historia de A Coruña. Entre 1931 e 1936 foi concelleiro e tenente de alcalde do Concello coruñés.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Reseña de la reconquista de Vigo.
  • Estado social de Galicia en la Edad Media
  • Los Ejércitos gallegos durante la Guerra de la Independencia, 1916.
  • Contribución a la Historia de A Coruña, 1930.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]