Convento de Santa Bárbara da Coruña
Convento de Santa Bárbara da Coruña | |
---|---|
Entrada ao convento. | |
Datos xerais | |
Tipo | Convento |
Advocación | Santa Bárbara |
Localización | A Coruña, A Coruña, ![]() |
Coordenadas | 43°22′15″N 8°23′29″O / 43.370833, -8.391389Coordenadas: 43°22′15″N 8°23′29″O / 43.370833, -8.391389 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Orde relixiosa | Clarisas |
Arquitectura | |
Construción | Séculos XV ao XVIII |
[ editar datos en Wikidata ] |
O convento de Santa Bárbara é un convento de clausura situado na praza homónima da Cidade Vella da Coruña.
Historia[editar | editar a fonte]
O convento construíuse sobre unha capela do século XV próxima á muralla.[1] Aparece citado por primeira vez nun documento de 1444 e a súa fundación foi aprobada en 1491 polo papa Alexandre VI.[2]
A partir do século XVI o convento consolidouse e recibiu un gran número de doazóns. Ademais acolleu as monxas que chegaron en 1682 para fundar a orde das Marabillas, e que se estableceron no que logo foi o convento das Capuchinas.[2]
O edificio foi modificado e ampliado en múltiples ocasións.
Descrición[editar | editar a fonte]
Do edificio medieval non se conserva mais que o relevo que preside a porta e que foi colocado aí en 1613[1] e que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV. Representa a peregrinación como unha das vías penitenciais para a salvación. Mostra o Xuízo Final e está presidido pola Trindade; o Pai Eterno sostén a Cristo crucificado, acompañado pola lúa e o sol. Á esquerda, o arcanxo San Miguel pesa as almas de peregrinos e monxes que van chegando pola dereita, entre árbores. Á dereita aparecen San Miguel e un dragón. No interior, outro relevo (pertencente talvez á capela primitiva) mostra a Santa Catarina e a Santa Bárbara. Consérvase ademais un arco apuntado.
O edifico posúe un patio de acceso á igrexa e unha torre miradoiro. O lenzo mural que pecha a praza á que dan os dormitorios das monxas foi deseñado por Fernando de Casas Novoa na primeira metade do século XVIII. A lentitude da súa construción explica a data 1786 que aparece na fachada.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |