Towers Football
Towers Football | |
---|---|
Fundado en 2009 Sede en A Coruña e Cambre | |
National Football League (2009–presente) | |
Cores | Azul e branco |
Canción | Smash Mouth - Why Can't We Be Friends |
Mascota | Chieftain e Frodo (Can de Augas) #00 |
Presidente | Carlos "djcharli" Pastoriza |
Adestrador | Carlos "djcharli" Pastoriza |
| |
Towers | |
Títulos de Liga (1) LGFF | |
Conferencia () | |
División () | |
Campo de fútbol Dani Mallo de Cambre |
Towers Football (ata 2013 Coruña Towers) é un club de fútbol americano localizado en Cambre.
Historia[editar | editar a fonte]
Comezos[editar | editar a fonte]
Foi fundado en 2009 por un grupo de mozos da Comarca da Coruña co nome de Coruña Towers no desaparecido Club Bathory, un bar de A Coruña. Os primeiros adestramentos tiveron lugar nas praias da cidade, arredor de 2007, moito antes da fundación do club, nunhas condiciones moi precarias e sen equipacións protectoras. Máis tarde no Parque de Vioño e no Parque de Eiris (A Coruña) tamén se realizaron adestramentos.
Fusión[editar | editar a fonte]
En 2010 e ante as dificultades para competir en liga nacional decidironse fusionar co outro equipo existente en Galicia, Teo Black Thunder, para disputar a Liga Portuguesa de Fútbol Americano[1] coa denominación de Galiza Black Towers. Esta unión durou tres tempadas (2010 a 2012). Durante ese tempo ambos equipos competiron por separado na Liga Galega de Fútbol Flag.
Durante esta época o club adestrou no Campo de fútbol de Iñás (Oleiros) e no Campo de A Cañoteira (Teo).
A partir de 2012[editar | editar a fonte]
- En 2012 e ante a inminente creación da Liga Galega de Fútbol Americano a fusión dos equipos chega o seu fin. O club reinicia a súa sección de tackle, que comezará a competir na segunda edición da LGFA (2014).
- A sección de flag quedou segunda na Liga Galega de Flag.
- En 2013 a sección de tackle continuou crecendo e realizando amigábeis de cara a II Liga Galega de Fútbol Americano.
- A sección de flag ganou invicta a Liga Galega de Fútbol Flag, obtendo o pase a Spanish Flag Bowl. Ademais o club decidiu presentarse como candidato a sede da competición, sendo finalmente o responsable de organizar a VII edición masculina e II feminina.[2] No deportivo o club obtivo a oitava praza.
- Na tempada 2013/2014 a sección de tackle xogou o seu primeiro partido oficial[3] e rematou a II Liga Galega de Fútbol Americano en cuarto posto.
- Na sección de flag crease un equipo filial. O primeiro equipo quedou subcampión e o filial quinto da VI Liga Galega de Fútbol Flag.
- Na tempada 2014/2015 a sección de tackle rematou en terceira posición a III Liga Galega de Fútbol Americano.
- Na sección de flag o primeiro equipo quedou subcampión e o filial terceiro do seu grupo da VII Liga Galega de Fútbol Flag.
- Na tempada 2015/2016 a sección de tackle rematou campioa da IV Liga Galega de Fútbol Americano.
- Na sección de flag o primeiro equipo quedou subcampión da VIII Liga Galega de Fútbol Flag. Mentres que o filial gañou a su conferencia caendo en en play-offs.
- Creanse as seccións de animación (mixta) e flag feminino que toman por nome Royal Towers.
- Na tempada 2016/2017 a sección de tackle rematou subcampioa da V Liga Galega de Fútbol Americano.
- Na sección de flag o primeiro equipo quedou campión da IX Liga Galega de Fútbol Flag, o equipo filial quedou campión da segunda división e o equipo feminino rematou cuarto do seu grupo de segunda división. Ademais o equipo feminino quedou segundo da I Liga Galega de Fútbol Flag Feminino.
- Na tempada 2017/2018 a sección de flag gañou a primeira edición da Copa Galicia de Fútbol Flag.
- A sección de tackle rematou subcampioa da Liga Norte de Fútbol Americano na súa primeira participación nesta competición puntuable para o ascenso a Serie A.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 2012: Subcampión da IV Liga Galega de Fútbol Flag.
- 2013: Campión da V Liga Galega de Fútbol Flag.[4]
- 2014: Subcampión da VI Liga Galega de Fútbol Flag.
- 2015: Subcampión da VII Liga Galega de Fútbol Flag.
- 2016: Campión da IV Liga Galega de Fútbol Americano.[5]
- 2017: Subcampión da V Liga Galega de Fútbol Americano, campión da primeira e segunda (equipo filial) divisións da IX Liga Galega de Fútbol Flag.
- 2018: Subcampión da Liga Norte de Fútbol Americano 2018.
Récords[editar | editar a fonte]
- Porcentaxe de vitorias na Liga Galega de Fútbol Flag: 100% (12 partidos) na V Liga Galega de Fútbol Flag.
- Número de vitorias seguidas na Liga Galega de Fútbol Flag: 16 (entre a última xornada da IV e a primeira da V edición).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El football americano gallego también emigra a Portugal - El Contragolpe Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine. (La Voz de Galicia) 15-9-2009.
- ↑ La «Spanish Bowl» se decidirá en A Coruña - La Voz de Galicia, 30-5-2013.
- ↑ Comenzó la segunda edición de la Liga Gallega de fútbol americano. Descubre todos los detalles Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine. - galifutbol.com, 17-02-2014.
- ↑ El Towers, campeón - La Voz de Galicia 29-1-2013.
- ↑ El Cazuza Towers se alza con su primer título en la Liga Gallega – La Opinión A Coruña 15-mar-2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |