Saltar ao contido

Santiago Rey Fernández-Latorre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Rey Fernández-Latorre
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 2024 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMaría Victoria Fernández-Latorre Editar o valor en Wikidata
ParentesMaría Victoria Fernández-España, media irmá Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Enciclopedia Galega Universal Editar o valor en Wikidata
BUSC: rey-fernandez-latorre-santiago-1938

Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña o 31 de agosto de 1938 e finado no hospital San Rafael (Oza, A Coruña) o 28 de agosto de 2024,[1] foi un empresario galego, propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, propietaria á súa vez do xornal La Voz de Galicia, que é o primeiro grupo de comunicación na comunidade autónoma de Galicia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira empresarial

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Emilio Rey Romero e de María Victoria Fernández-Latorre.[1] Licenciouse en Dereito,[3][4] e en 1961 entra a traballar en La Voz de Galicia, a empresa familiar que fundara o seu avó Juan Fernández Latorre en 1882. En 1963 converteuse no seu xerente,[4] ascendeu logo a conselleiro delegado, en 1987 a vicepresidente e posteriormente, en 1988, foi nomeado presidente, logo do falecemento do seu irmán Emilio Rey Fernández-Latorre.[5][6] En 1992 controlaba o paquete de accións maioritario da empresa, o 26 %.[5] A súa época na dirección do xornal viu marcada pola expansión, coa merca doutras cabeceiras e medios, coa construción dunha planta de impresión en Sabón, e co despregamento dunha rede de edicións.

O negocio ademais estendeuse ao sector audiovisual Galicia en cinema, radio e televisión, coa creación da Corporación Voz de Galicia S.A. que inclúe RadioVoz (anteriormente o seu xermolo fora a creación en Galicia de Antena 3 de Radio), a Voz Audiovisual e do instituto demoscópico Sondaxe.[1] Tamén engloba a sociedade de contidos dixitais Canal Voz, a distribuidora Disgasa, Galicia Editorial — que é a planta de impresión con maior capacidad de Galicia—, e o xornal dixital La Voz de Asturias.[2]

En 1993 deixou a primeira fila de xestión do grupo empresarial en mans do seu fillo Emilio Rey Berguer, pero en 2001 destituíuno e recuperou o control da liña empresarial e da toma de decisións.[7]

Tamén foi presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI), foi un dos fundadores e presidiu a Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), creou e presidiu a axencia de noticias Colpisa.[2] E creou Antena 3 Galicia e o grupo Cable,[4] e foi conselleiro de Antena 3 TV e Antena 3 Radio.[8]

Fundación Santiago Rey

[editar | editar a fonte]

Ademais, no 2001, inaugurou a Fundación Santiago Rey, responsable do programa de educación ambiental Voz Natura, da convocatoria do Premio Fernández Latorre, da organización dun Mestrado Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA).[2] A fundación, tamén, xestiona o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, creado en 1998 e sito no Polígono de Sabón (Arteixo), que garda unha colección de case 5.000 publicacións periódicas e maquinaria histórica da profesión periodística.[2]

Influencia política e económica

[editar | editar a fonte]

Tivo unha enorme influencia tanto na comunidade autónoma como, en diferentes momentos, nas proximidades do goberno en Madrid; mesmo aparecendo, en ocasións, como valedor de Galicia e exercendo un papel reivindicativo.

Un exemplo foi cando, en xaneiro de 2003, durante a crise do Prestige, segundo contou o, daquela, alcalde Francisco Vázquez, cando Mariano Rajoy, ministro e voceiro do goberno de José María Aznar, chamou ao editor para intercambiar opinións sobre unha cita inminente na Coruña, e o editor lle preguntou se incluíran na orde do día a aprobación do Porto exterior da Coruña. Ao dicir Rajoy, que non había nada previsto, Santiago Rey, respondeulle que, entón, mellor que non viñesen.[9] E cando Aznar, inmediatamente, anunciou a súa construción, as informacións do xornal tamén cambiaron de ton.

Tamén foi moi belixerante contra o goberno bipartido do PSdeG-PSOE e BNG, entre 2005-2009, especialmente contra o vicepresidente Anxo Quintana de quen declarou: "Un enfermeiro de Allariz non pode vir mudar o marco económico de Galicia", referíndose ao concurso eólico do momento.[9] Tamén se enfrontou a Augusto César Lendoiro no Deportivo e, o actual dono e presidente do club, Juan Carlos Escotet, é hoxe patrono da Fundación Santiago Rey.

Beneficiouse de grandes contratos co sector público, como a impresión do Diario Oficial de Galicia,[10] así como da maior cantidade de subvencións recibida polos medios de comunicación.[11] Tamén se beneficiou doutras subvencións oficiais como cando en 2011, levou a cabo un investimento de 22 millóns de € para unha nova rotativa, e recibiu do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o 10 % na maior subvención dada ese ano polo organismo, á que sumou outros 2,6 millóns do goberno de Rajoy.[9]

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estaba casado en segundas nupcias con Salomé Fernández-San Julián Martínez.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (28 de agosto de 2024). "Muere Santiago Rey Fernández-Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Redacción (28 de agosto de 2024). "Fallece Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente y editor de La Voz de Galicia". abc.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  3. Europa Press / Redacción (28 de agosto de 2024). "Despedida a Santiago Rey Fernández-Latorre, motor de La Voz de Galicia durante máis de 60 anos". galiciaconfidencial.com. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Puga, Natalia (28 de agosto de 2024). "Muere Santiago Rey Fernández-Latorre, el editor que nació sobre una rotativa y la dirigió 60 años". elmundo.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  5. 5,0 5,1 García González, A.: Historia de la empresa La Voz de Galicia. Libros en red, 2009.
  6. 6,0 6,1 6,2 Redacción (28 de agosto de 2024). "Falece Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente e editor de ‘La Voz de Galicia’". nosdiario.gal. Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  7. Emilio Rey: "Mi etapa como editor aún no ha terminado"[Ligazón morta], Xornal de Galicia, 11/1/2002
  8. Rey Fernández-Latorre, Santiago (2016). Yo protesto. Col. Biblioteca Gallega. A Coruña: La Voz de Galicia. pp. 7–8. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Pardo, Luís (28 de agosto de 2024). "Santiago Rey Fernández-Latorre: el editor de La Voz que acaparó poder en Galicia más allá de la prensa". eldiario.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  10. La Xunta tiene que decidir ya si amplía el contrato a ‘La Voz’ para imprimir el DOG Arquivado 02 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 26/01/2010
  11. R., L. (2008-05-31). "Santiago Rey debía a La Voz de Galicia 30,3 millones de euros en el año 2006". laregion.es (en castelán) (publicado o 10 de febreiro de 2014). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  12. "Honoris causa". udc.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  13. R.A.C. (28 de agosto de 2024). "Muere Santiago Rey Fernández-Latorre, editor de La Voz de Galicia". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  14. "DECRETO 142/2005, do 2 de xuño, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.". xunta.gal. 6 de xuño de 2005. Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  15. "Real Decreto 233/2022, de 29 de marzo, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica a don Santiago Rey Fernández-Latorre". boe.es (en castelán). 30 de marzo de 2022. Consultado o 28 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]