A Casa Museo de Casares Quiroga é unha casa museo situada na antiga residencia de Santiago Casares Quiroga na cidade da Coruña. A casa museo do que fora presidente da II República Española do 13 de maio ao 19 de xullo de 1936 ten catro andares con exposicións e reproducións das estancias da casa, incluído o xardín. O baixo da casa está adicado a sala de exposicións temporais.
A casa dos Casares foi espoliada nos días posteriores ao golpe fascista de 1936. Dos dez mil libros da súa biblioteca uns foron queimados, outros roubados, e outros conducidos ao Pazo de Xustiza.[2]
Andar
Descrición
Segundo
Foto familiar de 4 x 3 metros, un vestidor e o cuarto de baño da casa e a Biblioteca.
A mesa de despacho e unhas cadeiras.
Primeiro
Explicacións dos sucesos de Jaca ata o 14 de abril, día da proclamación da II República.
Exposición: A casa do espolio. Inventario co que levaron os fascistas da casa.
Comedor, cociña bilbaína, a caldeira e unha lacena.