Joaquín Vaamonde Cornide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Vaamonde Cornide
Joaquín Vaamonde Cornide en 1897, foto de Antonio Portela Paradela.
NomeJoaquín Vaamonde Cornide
Nacemento27 de xaneiro de 1872
 A Coruña
Falecemento18 de agosto de 1900
 Pazo de Meirás
Nacionalidadegalega
Influenciado porRomán Navarro
Isidoro Brocos
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Vaamonde Cornide, nado na Coruña en 1872 e finado no Pazo de Meirás en 1900, foi un pintor galego encadrado dentro da Xeración doente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no mundo da pintura da man do pintor compostelán Modesto Brocos, e axiña deixa a súa cidade natal para viaxar a Montevideo e Buenos Aires.[1] Volveu aos 22 anos de idade xa convertido nun artista cun estilo de seu. A finais do século XIX conseguira facerse cun nome en Madrid, en parte grazas á influencia na cidade da escritora Emilia Pardo Bazán que naquel tempo triunfaba na literatura española como escritora e como figura pública. A súa complicidade era tal que a escritora converteuno no protagonista de La Quimera, onde era retratado coma un pintor novo con talento que desprezaba o seu traballo de retratista da burguesía, desexando ser como os grandes mestres que observa no Museo do Prado. Aos 32 anos de idade morre debido á tuberculose.

Vaamonde en 1896.

Na actualidade atópase no Museo de Belas Artes da Coruña a súa obra sobranceira, destacando entre outras un retrato en pastel de Pardo Bazán e un retrato de Ramón Pérez Costales (promotor da Real Academia Galega xunto a Pardo Bazán).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia. p. 49. 
  2. 2,0 2,1 Obras de Vaamonde en CERES, Ministerio de Cultura.
  3. Cervantes Virtual

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]