Rafael Baixeras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Baixeras
Nacemento19 de novembro de 1947
Lugar de nacementoA Pobra do Caramiñal
Falecemento1989
Lugar de falecementoSegovia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Rafael Rodríguez Baixeras, nado na Pobra do Caramiñal o 19 de novembro de 1947 e finado en Segovia o 25 de novembro de 1989,[1] foi un pintor galego. E irmán do poeta Xavier R. Baixeras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Baixeras naceu na Pobra do Caramiñal, mais con nove anos trasladouse coa súa familia a Segovia. Comezou a estudar arquitectura en Madrid, mais tres anos despois cambiouse a belas artes.[1]

Nos seus primeiros anos de carreira artistícas afastouse das vangardas para facer unha pintura máis figurativa, con trazos surrealitas e expresionistas.[2] A súa primeira exposición individual foi en Tarragona en 1970.[1]

A partir de 1976, o seu estilo cambiou pola influencia do grupo barcelonés Trama e do francés Support-surface, de estilo abstracto.[1] A amizade con outros pintores permitiulle viaxar e participar en exposicións internacionais.[2] Ademais formou o grupo Seis e catro con Fernando Sánchez Calderón, Mon Montoya e Cruz-Hernández.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]