O ukiyo-e (浮世絵AFI: [u.ki.jo.e], "pintura[s] do mundo flotante") é un xénero de arte xaponesa que floreceu entre os séculos XVII e XIX. Os seus artistas produciron impresións xilográficas e pinturas de mulleres, actores de kabuki e loitadores de sumo, escenas históricas ou de contos populares, escenas de viaxes e paisaxes, flora e fauna ou escenas eróticas. As primeiras obras que acadaron o éxito popular foron as pinturas e impresións monocromáticas de mulleres fermosas de Moronobu nos anos 1670. A impresión en cor introduciuse posteriormente de forma gradual, inicialmente engadida a man para pedidos especiais. Na década de 1740 outros artistas como Masanobu usaron múltiples pranchas de madeira para estampar zonas de cor.
O Panteón Real da Catedral de Santiago é o lugar que contén os sepulcros de dous reis e outras destacadas personalidades do Reino de Galicia. Iniciouse no ano 1107 co soterramento de Raimundo de Borgoña, Conde de Galicia, e coa promesa do seu fillo o emperador Afonso VII de levar tamén os seu restos á Catedral. Este compromiso non foi cumprido por Afonso VII mais si pola súa esposa a emperatriz Berenguela, e continuado polo seu fillo Fernando II e polo seu neto Afonso VIII, reis de Galicia e León. No ano 1211, Afonso VIII oficializou definitivamente a capela rexia na cerimonia de consagración da Catedral que presidiu xunto o seu herdeiro Fernando Afonso, sepultado tamén no panteón.
O espazo funerario foi instalado na "capella dos reis", hoxe capela de Santa Catarina, e permaneceu alí até o ano 1535, momento no que foi trasladado á Capela das Reliquias. Durante este traslado mudouse o acomodo de cinco sarcófagos que foron atribuídos naquel momento a Raimundo de Borgoña (1107), Berenguela de Barcelona (1149), Fernando II (1188), Afonso VIII (1230) e Xoana de Castro (1374). A documentación histórica confirma a inhumación na catedral destes cinco persoeiros mais só no caso da raíña Xoana existen ademais testemuños epigráficos e heráldicos da mesma época que confirmen a súa identidade. No ano 1926 incorporouse ao panteón unha última sepultura contendo os restos do Conde Pedro Froilaz de Trava (1128).
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 94 685 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 284 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.