Cluny
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
| Departamento | Saona e Loira | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.942 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921575 Q114360706 | ||||
| Superficie | 23,71 km² | ||||
| Altitude | 244 m-226 m-574 m-330 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 71250 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | cluny-tourisme.com | ||||
A vila e comuna de Cluny ou Clugny está situada no actual departamento francés de Saona e Loira na rexión de Borgoña, na zona centro-oriental de Francia, a uns 30 km da cidade de Mâcon. A súa poboación era de 4.400 habs. en 2003.
A localidade medrou arredor da Abadía beneditina situada no lugar, fundada por Guillerme I de Aquitania no ano 909. O mosteiro converteuse na maior e máis prestixiosa institución monástica de Europa. O cénit da influencia da orde de Cluny tivo lugar entre a segunda metade do século X até inicios do século XII.
A biblioteca de Cluny foi unha das máis importantes en Francia e Europa durante a Idade Media. A abadía foi sometida a saqueo polos Hugonotes en 1562 e moitos dos seus valiosos manuscritos foron destruídos ou desapareceron.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cluny |
