Normandos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorios en posesión dos normandos no século XII, cara ao 1.130

Os normandos (Normando: Normaunds; francés: Normands; latín: Normanni), literalmente "homes do Norte", en alemán, foron invasores escandinavos, viquingos na súa maioría daneses, pero tamén noruegueses e suecos (os varegos) que comezaron a ocupar o noroeste de Francia (o que se coñece como Normandía) na segunda metade do século IX. Eran descendentes dos pobos nórdicos ("Norman" provén de "Norseman"[1]) Viquingos (Inglés antigo wicingas—"piratas"[2]) de Dinamarca, Islandia e Noruega que, baixo o seu líder Rollón, acordaron xurar lealdade a Carlos o Simple de Francia occidental.[3] A través de xeracións de asimilación e mestura coas poboacións nativas francas e Galo-Romanas, os seus descendentes adoptaron gradualmente a cultura de base carolinxia do oeste de Francia.[4]

A identidade cultural e étnica dos normandos xurdiu inicialmente na primeira metade do século X, e continuou evolucionando ao longo dos séculos seguintes.[5]

A dinastía normanda tivo un grande impacto político, cultural e militar na Europa medieval e Próximo Oriente.[6][7] Os normandos eran famosos polo seu espírito marcial e eventualmente pola súa piedade Católica, converténdose en expoñentes da ortodoxia católica na que se asimilaron. Adoptaron a Lingua galorromana da terra franca na que se estableceron, e o seu dialecto coñeceuse como Norman, Normaund ou Francés Normando, unha importante linguaxe literaria. O Ducado de Normandía, que se formou polo tratado coa coroa francesa, foi un gran feudo da Francia medieval e baixo Ricardo I de Normandía forxouse nun principado unido e formidable na tenencia feudal.[8][9]

Os normandos destácanse tanto pola súa cultura, como a súa singular arquitectura románica e as súas tradicións musicais, e polos seus significativos logros e innovacións militares. Os aventureiros normandos fundaron o Reino de Sicilia baixo Roxerio II logo de conquista do sur de Italia e Malta aos Sarracenos e bizantinos, e unha expedición en nome do seu duque, Guillermo o Conquistador, levou á conquista normanda de Inglaterra na Batalla de Hastings en 1066.[10] A influencia cultural e militar normanda estendeuse desde estes novos centros europeos aos Estados cruzados do Próximo Leste, onde o seu príncipe Bohemundo I fundou o Principado de Antioquía en Levante, tamén en Escocia e País de Gales en Gran Bretaña , Irlanda ou nas costas do norte de África e as Illas Canarias.

O legado dos normandos persiste hoxe a través da linguas e dialectos rexionais de Francia, Inglaterra e Sicilia, así como tamén os diversos amaños culturais, xudiciais e políticos que introduciron nos seus territorios conquistados.[7][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dauzat, Dubois & Mitterand 1971, p. 497.
  2. Whitelock, Dorothy. Sweet's Anglo-Saxon Reader, OUP 1967, p.392
  3. "Norman". Encyclopædia Britannica. 
  4. Chibnall 1999, p. 2: "En Normandía os conquistadores do norte asimilaran ... os pobos franco e galo-romanos indíxenas ..."
  5. "Sicilian Peoples: The Normans". L. Mendola & V. Salerno. Best of Sicily Magazine. Consultado o 31 de xulo de 2015. 
  6. Lars Brownworth, Episode I: Rollo and the Viking Age
  7. 7,0 7,1 "The Norman Impact". History Today Volume 36 Issue 2. History Today. 2 de febreiro de 1986. Consultado o 31 de xullo de 2015. 
  8. Eleanor Searle, Predatory Kinship and the Creation of Norman Power, 840–1066 (University of California Press, Berkeley, 1988), p. 89
  9. François Neveux. A Brief History of The Normans (Constable & Robbinson, Ltd, London, 2008), pp. 73. 74
  10. "Claims to the Throne". Mike Ibeji. BBC. 17 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de agosto de 2015. 
  11. "What Did the Normans Do for Us?". John Hudson. BBC. 12 de febreiro de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.