Domus (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′40″N 8°24′24″O / 43.377643, -8.406531

Domus
Domus
PaísGalicia
CidadeA Coruña
TipoCientífico, cultural
Inauguración1995
Na rede
http://mc2coruna.org/domus/
editar datos en Wikidata ]
Logotipo da Domus.

A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobor do ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latexos do propio corazón. Inaugurouse en abril de 1995[1] e é obra de César Portela e Arata Isozaki.[2]

Contidos[editar | editar a fonte]

Conta con 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.

As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto),[3] Sistema motor, O , Cerebro, Equilibrio, habilidades e linguaxe.

A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m². Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes. En dita sala proxéctanse películas IMAX ou en 3D,[4] e impártense charlas de divulgación científica.[5]

En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica.[6]

Expedición Balmis[editar | editar a fonte]

Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América, inaugurouse un monumento na balconada do museo.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Casa do Home
Homenaxe aos membros da expedición Balmis na Domus da Coruña

Vicente Ferrer, 7 anos

Juan Antonio, 5 anos

Antonio Veredia, 7 anos

Pascual Aniceto, 3 anos

José Manuel María, 6 anos

Gerónimo María 7 anos

Francisco Antonio, 9 anos

Francisco Florencio, 5 anos

Nome descoñecido

Cándido, 7 anos

Tomás Melitón, 3 anos

Balcón Balmis na Domus da Coruña, homenaxe ás persoas da expedición.

Juan Francisco, 9 anos

Clemente, 6 anos

José, 3 anos

Andrés Naya, 8 anos

Domingo Naya, 6 anos

Manuel María, 3 anos

Martín, 3 anos

Benito, 9 anos

Jacinto, 3 anos

Vicente María Sale
y Bellido, 3 anos

José Jorge Nicolás
de los Dolores, 3 anos

Isabel Zendal Gómez

Membros da expedición

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arquivo da TVG
  2. "Falece o arquitecto Arata Isozaki, autor da Domus da Coruña". Xornal da Coruña. 29 de decembro de 2022. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  3. Méndez, Mila (22 de xullo de 2022). "La alimentación es protagonista en la nueva Domus". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  4. EP (20 de decembro de 2010). "A Domus proxecta en A Coruña a película 'Wild Safari' en 3D". La Opinión de A Coruña. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  5. Graña Suárez, Begoña (9 de maio de 2022). "Pseudoterapias: todo pola pasta". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  6. Concello da Coruña
  7. Rivera, Alicia (3 de decembro de 2003). "A Coruña recuerda a los 22 niños que llevaron la vacuna de la viruela a América". El País (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]