Casa das Palabras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa das Palabras.

A Casa das Palabras é un recinto situado na zona de Adormideras, na Coruña, que durante a Guerra Civil foi un cemiterio musulmán e que foi rehabilitado para ser un punto de encontro entre culturas.

Está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade da Torre de Hércules.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A edificación que actualmente acolle a Casa das Palabras foi construída durante a Guerra Civil para dar sepultura aos soldados musulmáns procedentes do Protectorado de Marrocos que combateron no bando nacional. Posteriormente os restos destes soldados foron trasladados ao Cemiterio de San Amaro, caendo as instalacións do antigo cemiterio en desuso, sufrindo durante anos o vandalismo.

Finalmente, o Concello da Coruña decidiu rehabilitalo coa colaboración do Ministerio de Cultura do Goberno de España (cunha achega de 180 000 euros).

Descrición[editar | editar a fonte]

A edificación é un recinto pechado cun xardín interior duns 200 metros cadrados. Nas paredes interiores do antigo cemiterio aparecen gravados realizados por Xoán Viqueira nos que se inseriron textos sobre a orixe da cidade en grego, latín, árabe, irlandés e castelán antigo, traducidos todos ao galego e ao castelán. Tamén se atopan 250 palabras do galego e do castelán que teñen a súa orixe na lingua árabe.

As citas sobre a historia da cidade están tomadas da Las citas sobre A Coruña e proceden da Historia Romana de Dio Casio, do Lebor Gabála Érenn (Libro das conquistas de Irlanda), sobre lendas irlandesas, de Adversus paganos historiarum libri septem, e da obra de Afonso X o Sabio, na que fala de Hércules e Xerión e do primeiro habitante da cidade, ao que bautiza co nome de Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tower of Hercules". UNESCO (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]