Saltar ao contido

Rúa de Juana de Vega (A Coruña)

Rúa de Juana de Vega
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A rúa de Juana de Vega é unha rúa da Coruña situada entre os barrios do Ensanche e da Pescaría da cidade.

A rúa de Juana de Vega discorre sobre a antiga muralla da cidade, que tiña portas na actual praza de Pontevedra, en dirección ao Camiño Novo e na actual praza de Mina, en dirección ao Camiño Real.

Orixinariamente a rúa era coñecida como paseo da Alameda e recibiu o nome actual, en honra da escritora coruñesa Juana de Vega en 1876, pasando o nome de Alameda á que nese momento se coñecía como rúa das Bestas.

Veciños e negocios

[editar | editar a fonte]

No número 21 desta rúa faleceu o poeta Eduardo Pondal. O edificio foi demolido en 2005 e logo reconstruído.[1]

Nos números 2-6 estivo situado o Gran Hotel de Francia, considerado o máis luxoso da cidade. Coa prohibición do uso de nomes estranxeiros no franquismo rebautizouse como Hotel España e en 1968, co derrubamento do edificio, trasladouse a outro local da mesma rúa.[2][3]

Nos números 16-18 estivo instalada unha central de teléfonos que logo se trasladou á rúa de Santo André.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Na rúa de Juana de Vega existen varios edificios destacados:[4]

No quinteiro entre a rúa de Juana de Vega e a rúa de Durán Loriga sitúase o edificio do Banco de España, deseñado por José Astiz Bárcena entre 1921 e 1926.[6][7]

En 1992 derrubouse a igrexa dos Xesuítas, obra neogótica de Francisco Rabanal construída entre 1899 e 1902 e ampliada cunha torre por Leoncio Bescansa anos despois.[8]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4. 
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]