Pedro Ferrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Ferrer
Nacemento5 de abril de 1870
 A Coruña
Falecemento9 de xuño de 1939
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo
editar datos en Wikidata ]

Pedro Ferrer Sans, nado na Coruña o 5 de abril de 1870 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1939, foi un fotógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ferrer foi o menor dos fillos do catalán Francisco Ferrer e da coruñesa Niceta Sans, tamén de orixe catalá. A familia dedicábase ao comercio de papel e de impresións e coa morte do pai en 1872 ocuparon a dirección a súa nai e o seu irmán máis vello.

Comezou a tirar fotografías en 1888 e en 1894 xa ofrecía os seus servizos como fotógrafo no comercio familiar da rúa Real 61, onde tamén se situaba o domicilio familiar. Tamén foi considerado un dos primeiros empresarios discográficos de Galicia.[1]

Na década de 1930 a súa actividade foi diminuíndo e faleceu por mor dun derrame cerebral en 1939. Foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Pedro Ferrer casou en 1898 con María Josefa Carreras-Presas, coa que tivo sete fillos.

Foi socio do Círculo de Artesáns, do Sporting Casino e do Club Náutico.

Legado[editar | editar a fonte]

En 2007 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]