Rúa da Torre (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa da Torre
Rúa da Torre (3).jpg
Tipoloxía rúa
Localización
Inicio Campo da Leña
Fin Praza do Parque
Igrexa de San Tomé.

A rúa da Torre é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome por ser unha das vías que une o centro da cidade coa Torre de Hércules. Atravesa o barrio de Monte Alto.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Edificio modernista.

A rúa da Torre xa aparece con este nome na división en cuarteis realizada polo concello en 1835.[2]

Entroido[editar | editar a fonte]

A rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña[3] e nela ten lugar o desfile de choqueiros.[4][5]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Edificio art déco.

Entre os edificios catalogados na rúa da Torre están:[6]

  • Nº 7-9, 15, 19, 21, 23, 25, 27, 37, 39, 41, edificios tradicionais con galerías da primeira metade do século XX.
  • Nº 24, 26, edificios tradicionais con galerías (1900-1936).
  • Nº 16-18, edificios tradicionais con galerías (1875-1902).
  • Nº 35, 46, edificios racionalistas (década de 1940).
  • Nº 36, edificio modernista (1914).
  • Nº 43, edificio de estilo ecléctico.

O edificio na esquina coa rúa de Miguel Servet é un edificio art déco deseñado por Peregrín Estellés (1931).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La calle Marola será este verano la primera peatonal de Monte Alto
  2. Parroquias por cuarteles
  3. O Entroido, unha "festa intocable" da cidadanía coruñesa
  4. El Carnaval de nuestra juventud
  5. Entroido dos choqueiros en Turgalicia
  6. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  7. Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en español) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre: