Federico Tapia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFederico Tapia Segade
Biografía
Nacemento16 de abril de 1826 Editar o valor em Wikidata
A Coruña
Morte2 de setembro de 1891 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
A Coruña
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Cargos
Alcalde da Coruña (1872-1873)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico
Partido políticoRepublicano
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Federico Tapia Segade, nado na Coruña o 16 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1891, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa da Rúa Federico Tapia.
Tumba de Federico Tapia no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Foi alcalde da Coruña desde o 1 de febreiro de 1872[1] até o 24 de agosto de 1873. Durante o seu mandato sucederon dous acontecementos políticos de gran relevancia: a visita á cidade do rei Amadeu I e a chegada da Primeira República Española. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.

Federico Tapia pediu que o seu enterro fose civil, polo que o arcebispo, co apoio do gobernador civil Linares Rivas obrigou a que se realizase no cemiterio civil e que o cortexo fúnebre fose curto. Tras o enterro, ao que asistiron os líderes republicanos e unha multitude de persoas, tivo lugar unha ruidosa manifestación.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A cidade da Coruña adicoulle unha rúa do Ensanche en 1899. En 1937 a rúa designouse como Hortas de Garás, mais o cambio non chegou a ter efecto.[2]


Predecesor:
Joaquín López Cadenas
 
Alcalde da Coruña
 
1872 - 1873
Sucesor:
Luis Tettamancy

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ventureira, Rubén (2016). Calendario Histórico A Coruña 2017 (en castelán). Asociación da Prensa da Coruña, Compañía de Tranvías da Coruña. ISBN 978-84-608-9887-0. 
  2. 2,0 2,1 Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]