Capela da Venerable Orde Terceira
Capela da Venerable Orde Terceira | |
---|---|
Capela da Orde Terceira e torre de San Francisco. | |
Datos xerais | |
Tipo | Capela |
Localización | A Coruña, A Coruña, ![]() |
Coordenadas | 43°22′8″N 8°23′23″O / 43.36889, -8.38972Coordenadas: 43°22′8″N 8°23′23″O / 43.36889, -8.38972 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1746-1753 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña.
Historia[editar | editar a fonte]
A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221.[1]
O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal.[1][2]
Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios.[2]
Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI.[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes.[3]
O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |