Marineda City
Marineda City | |
---|---|
Lateral do complexo comercial. | |
Tipo | Comunidade de Propietarios |
Fundación | 2011 |
Matriz | Merlin Properties |
Localización | Estrada Baños de Arteixo, 43. 15008 A Coruña Galicia |
Fundador | Invest Cos, dende 2014 propiedade de Merlin Properties |
Industria | Servizos |
Número de empregados | 4.000[1] |
Na rede | |
http://www.marinedacity.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Marineda City ou Marineda City Ocio, Shopping & Business é un complexo comercial e de lecer da cidade da Coruña situado no polígono da Grela, preto do concello de Arteixo. O complexo debe o seu nome ao sobrenome co que a escritora Emilia Pardo Bazán se refería á cidade herculina nas súas novelas.
O centro comercial foi construído e xestionado por Invest Cos. Custou preto de 450 millóns de euros.[2] Nos comezos Manuel Jove era propietario do 33,3%, José Collazo do 30%, José Antonio Souto do 20% e Modesto Rodríguez do 16,6%. O centro comercial foi mercado por Merlin Properties en 2014, pagou 260 millóns de euros[3].
Características
[editar | editar a fonte]Foi proxectado en 2008 como Marineda Plaza nos terreos ocupados pola subestación eléctrica que Fenosa tiña na Grela.[4] Trátase do complexo comercial máis grande de Galiza e España e o terceiro de Europa, con 500.000 m² de superficie construída, un aparcadoiro para 6.500 coches. Conta con máis de 190 tendas (entre as que salienta o primeiro IKEA de Galiza), así como establecementos de hostalaría, lecer, cines, un hotel Carrís de catro estrelas e 113 habitacións, e un centro de negocios.
O centro comercial dá a unha gran praza exterior peonil aberta á Estrada Baños de Arteixo e rodeada dos edificios de varias marcas comerciais. Abre tódolos días do ano, aínda que os establecementos comerciais teñen diferentes horarios.
Ten tres andares e por baixo outros tres niveis de aparcadoiro. O andar superior é unha rúa con establecementos de hostalaría e unha gran terraza cuberta cun teito de cristal.
Segundo as previsións dos seus promotores, visitarán o centro comercial 15 millóns de persoas ao ano.[5] En 2013 chegou a 17 millóns de visitantes[6].
Marineda City foi obxecto dunha gran controversia no momento da súa inauguración por empregar unicamente a lingua castelá na campaña publicitaria.[7] Actualmente a súa páxina web está dispoñible en galego e castelán.
En 2012, o centro comercial Marineda City foi recoñecido pola revista Actualidad Económica co Premio á Creación de Emprego. Marineda City emprega de xeito directo 4.000 persoas e indirectamente dá traballo a outras 4.500.[1]
Tendas
[editar | editar a fonte]Marineda City ten 190 tendas.
IKEA
[editar | editar a fonte]Despois de anos buscando localización en Galiza IKEA decidiuse pola Coruña na Grela, xunto a Marineda City.
A licenza de obra e actividade foi recorrida nos tribunais polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) por intrusismo profesional xa que está asinada por unha enxeñeira industrial[8]. Para 400 postos de traballo presentáronse case 46.000 candidatos[9], e a tenda foi inaugurada o 20 de xullo de 2010[10].
IKEA foi a primeira tenda en abrir en Marineda City cun investimento de 60 millóns de euros. Ten 60.000 m2 e está nun edificio independente do resto do centro comercial co que comparte aparcadoiro aínda que os accesos ao mesmo non son comúns, ten acceso peonil á praza central.
En 2011 Ikea publicou o seu catálogo editado en 29 idiomas por primeira vez en galego cunha tiraxe de 33.000 exemplares dos 600.000 exemplares que distribuíu en Galiza[11].
En xaneiro de 2012 IKEA foi sancionada con 40.001 euros pola Axencia Española de Protección de Datos polas súas cámaras instaladas sen licenza e que gravaban a rúa[12]. A sanción foi recorrida por IKEA fronte á Audiencia Nacional[13].
En marzo de 2012 IKEA reduciu o seu cadro de traballadores de 400 a 290[14].
PC City
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado o mesmo día que Marineda City e pechou a mesma semana da inauguración[15]. Máis dun ano despois da inauguración do centro comercial aínda hai publicidade do establecemento en Marineda City.
Causou certa polémica na rede ao intentar impedir que un blogueiro tirara fotos da tenda[16].
Inditex
[editar | editar a fonte]En Marineda City ten Inditex tendas das súas marcas empregando o centro comercial como proba dos novos deseños de tendas. Alí estreouse a nova imaxe de Zara, Pull and Bear, Bershka ou Lefties.
Deportienda
[editar | editar a fonte]No centro comercial hai unha Deportienda, a tenda oficial do Real Club Deportivo da Coruña, onde se poden atopar os seus produtos oficiais. Ten unha superficie de máis de 100 metros cadrados.[17]
Starbucks
[editar | editar a fonte]Desde outubro de 2016 o centro comercial conta cunha cafetería Starbucks, primeira aberta en Galicia.[18]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Marineda City recibe el Premio Creación de Empleo por generar más de 8.500 trabajos, en La Opinión (en castelán).
- ↑ Jove estudia ofertas para vender el macrocomplejo de Marineda City El País
- ↑ Merlin Properties compra el centro comercial Marineda City por 260 millones. Opinion A Coruña
- ↑ "Alfombra roja para el centro comercial".
- ↑ "Oportunidade de negocio" Arquivado 17 de xuño de 2012 en Wayback Machine., na web do centro comercial.
- ↑ «Varios fondos quieren Marineda». La Voz de Galicia
- ↑ A Mesa únese ás queixas de Julia Otero[Ligazón morta] en Xornal.com.
- ↑ El colegio de arquitectos recurre en los tribunales la licencia de Ikea en La Opinión (en castelán).
- ↑ Ikea abre la selección de 400 puestos en A Coruña para 45.982 aspirantes en El Correo Gallego (en castelán).
- ↑ Ikea inaugura su tienda en A Coruña en La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Ikea buzonea con su catálogo la mitad de los hogares de Galicia. El Ideal Gallego (en castelán).
- ↑ Protección de datos sanciona a IKEA de Coruña con 40.001€ polas súas cámaras de videovixiancia.
- ↑ IKEA acode a Audiencia Nacional en contra da sanción polas súas cámaras de videovxiancia MpDC
- ↑ Ikea prescinde de más de cien trabajadores en A Coruña en El País (en castelán).
- ↑ La tienda más fugaz de PC City en El País (en castelán).
- ↑ PC City, estrea conflitiva en Marineda City.
- ↑ CanalDeportivo.com (22 de agosto de 2014). "Inaugurada la Deportienda de Marineda City".
- ↑ "Starbucks abre en El Corte Inglés de Marineda su primera tienda en Galicia"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marineda City |