Marea Atlántica
Marea Atlántica | |
---|---|
Iniciativa cidadá | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Xulio Ferreiro |
Historia | |
Fundación | 22 de xullo de 2014 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda Democracia participativa Nacionalismo galego Socialdemocracia |
Representación | |
Concelleiros na Coruña | 6 / 27 |
Outros datos | |
Publicación | oquince.gal |
Páxina web | mareatlantica.org |
Marea Atlántica é un movemento cidadán e político de esquerdas creado na cidade da Coruña cuxo primeiro obxectivo foi construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.
Gobernou en solitario o concello da Coruña entre xuño de 2015 e xuño de 2019, con Xulio Ferreiro como alcalde[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa presentación formal como movemento celebrouse o 22 de xullo de 2014.[3] O 26 de setembro, o seu manifesto conseguiu 2.500 sinaturas, unha condición que se marcara para continuar adiante co proceso de conformar unha candidatura unitaria.[4]
O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o candidato da Marea Atlántica nas eleccións municipais de maio de 2015[5]. No movemento participan diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova, Compromiso por Galicia, Podemos ou Equo.[6]
O 12 de marzo de 2015 foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos baixo as siglas MAREA[7].
No primeiro reconto de votos tras as eleccións foi a forza máis votada, con 36.842 votos fronte a 36.838 do PP, ambos os dous co 30,89% dos votos e 10 concelleiros[8]. Unha semana despois, a Xunta Electoral decidiu dar por válidos algúns dos votos reclamados dando como resultado final 36.885 votos ao PP fronte a 36.857 da Marea, co mesmo repartimento de concelleiros[9].
Dende o 13 de xuño de 2015 e ata o 15 de xuño de 2019, a Marea Atlántica gobernou en solitario a cidade da Coruña. Xulio Ferreiro foi nomeado alcalde co apoio dos votos de PSdeG-PSOE e BNG[2]. Na seguinte lexislatura non puido repetir os resultados e pasou a ser a terceira forza do concello, a segunda de esquerdas por detrás do PSdeG.
Resultados electorais[editar | editar a fonte]
Na súa primeira participación nuns comicios municipais en 2015 conseguiu un total de 10 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular, o que lle permitiu o acceso ao goberno local. Marea Atlántica entrou tamén na Deputación da Coruña con tres deputados provinciais.[10]
Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu seis escanos.[1]
Ano | Candidato | Representantes | Porcentaxe | Diferenza | Votos | Porcentaxe | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Xulio Ferreiro | 10 concelleiros | 30,88% | ▲ 10 | 36 857 | 30,88% | ▲ 36 857 |
2019 | Xulio Ferreiro | 6 concelleiros[1] | 22,22% | ▼ 4 | 25 290[1] | 20,23%[1] | ▼ 11 567 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Resultados electorais municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 01 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Ferreiro e a Marea rebordan ilusión na súa investidura: "A praza entrou no pazo" praza.gal, 13/06/2015.
- ↑ "La Marea Atlántica sigue subiendo en A Coruña". 22 de xullo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014.
- ↑ Pardo, Miguel (26 de setembro de 2014). "A Marea Atlántica acada os apoios que avalan o seu camiño cara a confluencia". Consultado o 27 de setembro de 2014.
- ↑ A, D. "Xulio Ferreiro será o candidato de Marea Atlántica nas municipais". Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Os partidos tan só ocupan a metade de postos na candidatura da Marea Atlántica" Praza Pública
- ↑ Rexistro de Partidos Políticos Páxina web do Ministerio do Interior. Consultado o 31 de xullo de 2015.
- ↑ A Marea Atlántica gana as eleccións do 24M na Coruña por catro votos www.lavozdegalicia.es, 25/05/2015.
- ↑ El PP gana las elecciones por una diferencia de 28 votos sobre Marea Atlántica www.elidealgallego.com, 30/05/2015 (en castelán)
- ↑ "Constituida la Diputación de A Coruña con presidencia socialista". El País (en castelán). 16 de xullo de 2015. Consultado o 19 de maio de 2019.