Concepción Arenal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Concepción Arenal
Concepcion Arenal 1.jpg
Diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela (en 1893)
Nome completoMaría Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte
Nacemento31 de xaneiro de 1820
 Ferrol
Falecemento4 de febreiro de 1893
 Vigo
SoterradaCemiterio de Pereiró e Cemiterio de Picacho
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
OcupaciónDiplomada en Dereito, xornalista, escritora
CónxuxeFernando García Carrasco (1848)
Fillos3: Candonga, Fernando e Ramón
editar datos en Wikidata ]

María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820[1][2] e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893,[3] foi unha diplomada en Dereito, xornalista, precursora do feminismo[4][5] poeta e autora dramática. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país.[6][7]. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.[8]

A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano.
Concepción Arenal[5][9]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Concepción Arenal naceu nunha modesta casa do barrio de Ferrol Vello, no número 26 (hoxe 177) da rúa Real, no barrio da Magdalena.[lower alpha 1][10] Era filla dun militar liberal nacido na localidade cántabra de Armaño, Ángel del Arenal,[11] e de Concepción Ponte Tenreiro, que procedía da pequena nobreza galega.[12] A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas. Quedou orfa de pai aos nove anos instalándose a súa nai viuva e tres fillas en Armaño no val de Liébana.[13] No ano 1830 morre a súa irmá pequena, en 1835 abandonan a aldea e trasládanse a capital.[13]

Formación[editar | editar a fonte]

Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da "arte de perder o tempo". Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Cantabria), lugar a onde se trasladou coa súa nai e as súas dúas irmás tras quedar orfa de pai. Nestes primeiros anos en Madrid aprende nos seus estudos a comportarse en sociedade como era desexo da súa nai, coa que tiña constantes confrontacións, pero tamén aprende francés e italiano de forma autodidacta. En 1840 regresa a Armaño a coidar da súa avoa Jesusa cando esta enfermou.[2] Tiña vinte e un anos cando morreu a súa nai.

Asiste á Universidade vestida de home,[14][lower alpha 2] ás aulas da carreira de Dereito Penal e Xurídico, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Cortou o cabelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Cando se descubriu a súa identidade, interveu o reitor. Tras un exame satisfactorio foi autorizada a asistir ás clases, cousa que fará desde 1842 a 1845.[15]

O rito era o seguinte: acompañada por unha familiar dona Concepción presentábase na porta do claustro, onde era recollida por un bedel que a trasladaba a un cuarto no que se mantiña soa ata que o profesor da materia que ía impartirse a recollía para as clases. Sentada nun lugar diferente do dos seus aparentes compañeiros, seguía as explicacións ata que a clase concluía e de novo era recollida polo profesor, que a depositaba no devandito cuarto ata a clase seguinte.
Amelia Valcárcel. Feminismo en un mundo global[16]

Familia[editar | editar a fonte]

O 10 de abril de 1848 casou con Fernando García Carrasco na parroquia de San ildefonso, no barrio de Malasaña.[17]Con el compartiu inquedanzas e traballo intelectual, amosando un modelo de igualdade na parella; asistían xuntos ás tertulias do café Iris, ela vestida de home, segundo Antonio Cánovas del Castillo.[2][18] A parella tivo unha filla, Concepción e dous fillos, Ramón e Fernando. A filla morreu ós 28 mese por hidrocefalia aguda.[19]Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida.[Cómpre referencia] Quedou viúva aos trinta e sete anos[20]}} e o seu fillo Ramón tamén morreu prematuramente[Cómpre referencia]. Ao morrer o seu marido deixou de poder publicar artigos en prensa a consecuencia dunha lei que obrigaba a asinalos.[21]A partir de 1859, froito dunha intensa actividade intelectual, comeza a ser visible o seu traballo na prensa.[22] Logo de morrer o seu home instalouse en Colloto, en Oviedo e máis tarde en Potes, na actual rúa de San Roque. [23]

Por Eugenio Duque y Duque, no Museo de Pontevedra.

Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1864,[2] posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega,[24] condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao parladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

As dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso escritos en castelán foron traducidos a outras linguas.

A influencia do ideario liberal e do krausismo é fulcral na súa obra aínda que o seu pensamento é orixinal e tivo importancia tamén na súa vida pola amizade con Manuel de la Cuesta, Salustiano Olózaga, Juana de Vega, Fernando de Castro, Francisco Giner de los Ríos e Gumersindo de Azcárate.[25]

No monumento nos Cantóns da Coruña.

Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller [26].

É un erro grave e dos máis prexudiciais, inculcarlle á muller que a súa misión única é a de esposa e nai [...]. O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten dereitos que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar e idea de que é cousa seria, grave, a vida e que se a toma como un xogo, ela será indefectibelmente un xoguete.
Concepción Arenal. "La educación de la Mujer"

Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo e foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 ao cemiterio de Pereiró.[27] No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Fábulas en verso, 1851
  • La beneficencia, la filantropía y la caridad, 1861
  • El visitador del pobre, 1863
  • Ensayo histórico sobre el derecho de gentes, 1879
  • A muller do porvir, 1869
  • La cuestión social, 1880
  • Cartas a un obrero y a un señor, 1880
  • La mujer de su casa, 1883
  • El visitador del preso, 1893 (Francia)

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 1860 o seu traballo La beneficiencia, la filantropía y la caridad gañou o concurso convocado pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.[a][29] Coa revelación da súa autoría, esta obra converteuse na primeira obra escrita por unha muller premiada por esta entidade.[30]
  • En 1877 gañou o primeiro premio do concurso convocado en 1875 pola Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en relación ás colonias penitenciarias baixo o poder de España, coa memoria Las colonias penales de Australia y la pena de deportación.[31]
  • Accésit no concurso da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en 1878 co traballo La instrucción del pueblo.Erro no código da cita: Falta a etiqueta </ref> para a etiqueta <ref> correspondente
  • En 1891, coñecido o delicado estado de saúde de Concepción Arenal, falouse o seu ingreso na Real Academia de Ciencias Morales e políticas, como reflexou o Heraldo de MAarid. ESta candidatura foi apoiada por: Rafael Altamira, Narciso Campillo, Francisco Lastres, Rafael Salillas, Luis Vidart, Montero Ríos, Ramón de Campoamor, Laureano Figuerola e Rafael de Labra.[32]A propia Emilia Pardo Bazán tamén impulsou na prensa a súa candidatura. Algúns autores califican a labor desta última como unha acción interesada relacionada coas aspiracións de Pardo Bazón a optar a ser académica da Real Academia española.[33][34]O certo é que pola parte de Concepción Arenal e do seu fillo non houbo ningunha adhesión ou mostras de disposición cara a candidatura. [35]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

  • En 1915 a Reunión recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña iniciou unha campaña de recollida de doazóns para erixir un monumento homenaxe na Coruña. Esta iniciativa tivo un importante seguimento por parte da colectividade galega na Arxentina. O monumento foi inaugurado en 1916.[36]
  • A primeira clínica-hospital fundada pola Sociedade Hijas de Galicia creada por galegas chamouse Sanatorio Concepción Arenal, en Luyano no ano 1924 en Cuba.[37]
  • Ten dedicadas rúas e monumentos en España, Cuba e Arxentina. Por impulso da Alianza Uruguaya Pro Surfagio Femenino, con Paulina Luisi á cabeza, promoveuse o seu nome para unha rúa de Montevideo. A rúa foi inaugurada en 1926 a iniciativa da Casa de Galicia. [38]
  • En 2020 celébraronse diversos actos no 200 aniversario do seu nacemento.[39][40][41]Entre eles dúas exposicións, a primeira impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de Fonseca do 24 de setembro ao 12 de decembro, baixo o título Concepción Arenal: a conciencia da razón.[42] A segunda exposición, títulada Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893, realizouna a Biblioteca Nacional de España entre o 16 de decembro de 2020 e o 4 de abril de 2021.[43] O inicio do calendario conmemorativo veu marcado o 31 de xaneiro cunha actividade no cárcere da Lama onde se proxectou a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres e posterior coloquio coas persoas internas, dúas das actrices do filme (Mabel Rivera e Isabel Naveira), e a especialista Celia Pereira.
  • Presentación en formato audiovisual da presentación da tradución ao galego da obra de Concepción Arenal A muller do porvir realizada polo Consello da Cultura Galega coa participación de: Rosario Álvarez Blanco, Inmaculada López Silva, Isabel Naveira, Celia Pereira, María Xosé Porteiro, Mabel Riveira.[44]

Outras referencias culturais a Concepción Arenal[editar | editar a fonte]

Un gran número de rúas, prazas e centros de ensino por toda Galiza e resto de España levan o seu nome, así como tamén o levou un Airbus A340 de Iberia[45] e un barco en activo da SASEMAR.[46] O trofeo de fútbol do verán en Ferrol fundado en 1953 chámase Trofeo Concepción Arenal.[47]

No cinema[editar | editar a fonte]

Na Literatura[editar | editar a fonte]

  • El pensamiento vivo de Concepción Arenal de Clara Campoamor 1939 Arxentina, editorial Espuela Plata..[49]
  • Mujeres de Isabel Ruiz Ruiz. Libro ilustrado de biografías de mulleres que non recibirón suficiente recoñecimento como as feministas Concepción Arenal ou Clara Campoamor 2016 [50]
  • Damas ilustres en la historia de España de Vicenta Márquez de la Plata, biografía dentro do xénero de novela histórica 2019 [51].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Por Isidoro Brocos no Museo de Pontevedra. 
Monumento nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. O tema central é unha aguia a rachar as súas cadeas. 
Por Xosé Cid en Ferrol
Parque del Oeste, Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Esta obra asinouna co nome do seu fillo, que daquela tiña de dez anos
Referencias
  1. Caballé 2018, p. 57
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ayala Aracil, Mª Ángeles. "Biografía de Concepción Arenal - Concepción Arenal". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  3. Morán Breña, Carmen (4 de setembro de 2018). "El dolor de pensar en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  4. "xenuinamente a pensadora ferrolá non foi unha feminista no sentido máis estrito"Carcía Rubio, María Paz (2021). "Concepción Arenal, pioneira do feminismo español". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 139–142. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  5. 5,0 5,1 "La madre del feminismo español, Concepción Arenal (1820-1893)". Consultado o 2020-01-10. 
  6. Breña, Carmen Morán (2018-09-04). "El dolor de pensar en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-10. 
  7. "El pensamiento feminista y social de Concepción Arenal | Tribuna Feminista" (en castelán). 2018-02-02. Consultado o 2020-01-10. 
  8. Martín Sacristán (2018-03-07). "Concepción Arenal, la primera gran mujer española". La Soga | Revista Cultural (en castelán). Consultado o 2020-01-10. 
  9. "Concepción Arenal, la madre del feminismo en España" (en castelán). 2019-06-14. Consultado o 2020-01-10. 
  10. "Un historiador halla la casa natal de Concepción Arenal" (PDF). El Ideal Gallego. 15 de agosto de 1997. p. 35. 
  11. Caballé 2018, p. 40
  12. Caballé 2018, p. 36
  13. 13,0 13,1 Chica, Miguel Ángel (23 de decembro de 2019). "Concepción Arenal, una revolucionaria feminista nacida en 1820". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de marzo 2020. 
  14. "Concepción Arenal, la madre del feminismo español". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-01-10. 
  15. Nash, Mary; Álvaez González, Ana Isabel (2002). Seneca Falls. Un siglo y medio del Movimiento Internacional de Mujeres y la lucha por el sufragio femenino en España. Guía didáctica. Gobierno del Principado de Asturias. 
  16. Valcárcel, Amelia (2013). Feminismo en un mundo global. Cátedra. ISBN 9788437631929. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2016. Consultado o 3 de outubro de 2016. 
  17. Caballé 2018, p. 128
  18. Caballé 2018, p. 377
  19. Caballé 2018, p. 134.
  20. {{Cita Harvard sen parénteses|Caballé|2018|p=140}
  21. Marcos, Ana (2020-01-30). "Concepción Arenal, la ensayista que se vistió de hombre y desafió a su época". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-04. 
  22. Caballé 2018, p. 151
  23. Caballé 2018, pp. 151-152
  24. "Biografia-Fundación Juana de Vega". juanadevega.org. Consultado o 2020-03-04. 
  25. "Concepción Arenal". culturagalega.gal. Consultado o 2021-01-18. 
  26. "Biografia de Concepción Arenal". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2020-01-10. 
  27. Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril
  28. Alcalá Martín, Alfonso: Galicia, revista quincenal ilustrada Ano II Num. 28 (15/09/1907)
  29. Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 168. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  30. Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 209. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  31. Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 168–169. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  32. Lacalzada de Mateo, María José. Real Academia de la Historia, ed. "Concepción Arenal Ponte". dbe.rah.es. Consultado o 2021-02-12. 
  33. Caballé 2018, p. 341
  34. Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel; Mangas Martín, Araceli (2021). "Concepción Arenal e a Real Academia de Ciencias Morales y Políticas". Concepción Arenal : a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 176. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  35. Caballé 2018, p. 340"Si tuviera mi madre tiempo (...) pondría a la Pardo Bazán y a la Academia como se merecen y cada cual quedaría en su lugar" declaraba o seu fillo Fernando
  36. Cagiao Vila, Pilar (2021). "Sobre Concepción Arenal e América". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 139–142. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  37. "Emigrantes de Viveiro y Ribadeo presidieron Hijas de Galicia en Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de marzo de 2020. Consultado o 31 de amarzo de 2020. 
  38. Cagiao Vila, Pilar (2021). "Sobre Concepción Arenal e América". Concepción Arenal: a conciencia da razón. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 143. ISBN 978-84-18445-09-5. 
  39. ""Para unha persoa que busque a transformación social como Concepción Arenal, o traballo intelectual non é suficiente"". Praza Pública. 2020-02-09. Consultado o 2020-02-27. 
  40. "O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado". Praza Pública. 2020-10-20. Consultado o 2020-10-21. 
  41. Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Ano Concepción Arenal (1820-2020)". www.usc.gal. Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 
  42. Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Inauguración de 'Concepción Arenal. A conciencia da razón'". www.usc.gal. Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 
  43. Biblioteca Nacional de España, ed. (6 de marzo de 2020). "Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893". www.bne.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  44. "A muller do porvir". Consello da Cultura Galega. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  45. "Iberia Flota de A340 (Almacenado)". www.airfleets.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  46. "Anuncio de formalización de contratos de: Dirección de la Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima. Objeto: Servicio de mantenimiento a realizar en los motores principales de las guardamares Polimnia, Concepción Arenal, Talía, Calíope y Salvamar Saiph. Expediente: EM19-574". Boletín Oficial del Estado (96): 21761 a 21763. 22 de abril de 2019. BOE-B-2019-17575. 
  47. "Trofeo Concepción Arenal". Racing Club de Ferrol (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  48. "Mujeres en la historia - Concepción Arenal, la fuerza de un ideal - RTVE.es" (en castelán). 2010-07-08. Consultado o 2020-01-10. 
  49. "El Pensamiento Vivo De Concepción Arenal (Biblioteca de Historia)" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  50. "Mujeres | Isabel Ruiz Ruiz". Mujeres | Isabel Ruiz Ruiz. Consultado o 2020-01-10. 
  51. "Damas ilustres en la Historia de España | Vicenta Márquez de la Plata". Damas ilustres en la Historia de España | Vicenta Márquez de la Plata. Consultado o 2020-01-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower alpha"/> correspondente