Andrés Martínez Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Martínez Salazar
Andrés Martínez Salazar.jpg
Datos persoais
Nacemento 8 de febreiro de 1846
Lugar Astorga
Falecemento 6 de outubro de 1923 (77 anos)
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía, narrativa

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un editor do rexurdimento galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos de Bacharelato en León en 1857, e en 1862 obtivo o título de Bacharel en Artes pola Universidade Literaria de Oviedo. En 1863 continou os seus estudos na Escola Superior de Diplomática na Universidade Central e en 1866 acadou o título de Arquiveiro-Bibliotecario. En 1872 pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña.[1]

Nesta cidade entrou en contacto co mundo cultural galego, publicando varios traballos sobre temas históricos e filolóxicos. O seu labor editorial foi fundamental para o desenvolvemento da literatura galega do Rexurdimento. Ademais de textos propios da tradición literaria como a Crónica Troiana, a versión galega das Partidas de Afonso X o Sabio ou as Proezas de Galicia de Xosé Fernández de Neira, tamén pasaron pola súa imprenta Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez ou Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, dentro da colección Biblioteca Gallega que el mesmo fundou.

Por outra parte, colaborou en Galicia Histórica, foi director da revista Galicia e, á morte de Manuel Murguía, foi nomeado presidente da Academia Galega. Así mesmo, en 1889 foi nomeado polo concello da Coruña primeiro cronista oficial da cidade.

Escritor ocasional en lingua galega, a día de hoxe só se conservan catro versos e mais unhas liñas en prosa escritas nesta lingua.

Imaxe de Martínez Salazar no Almanaque Gallego para 1898.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Beneficencia en Betanzos en los siglos XVI, XVII y XVIII: memoria de los establecimientos y fundaciones benéficas existentes en aquella antigua ciudad en los expresados siglos. A Coruña: Imp. De José Míguez Peinó, 1888.
  • Fragmento de un nuevo códice gallego de Las Partidas. A Coruña. Imprenta Ferrer, 1910.
  • Documentos Gallegos de los Siglos XIII al XVI. A Coruña. Imprenta de La Casa de Misericordia, 1911.
  • Documentos gallegos del archivo municipal de La Coruña. A Coruña: Litografía e imprenta Roel, 1915.
  • Antigüallas de Galicia: apuntes acerca del origen e historia del artículo definido gallego-portugués. A Coruña. Imprenta Ferrer, 1907.
  • El Cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: apuntes y documentos. A Coruña. Imprenta Ferrer, 1889.
  • Homenaje a La Coruña: memoria sobre erigir un monumento en esta capital a la heroína Mayor Fernández da Camara Pita. A Coruña. Andrés Martínez, 1891.
  • El Modio de Puente Punide. A Coruña. Ferrer, 1913
  • Los nombres de La Coruña. A Coruña. Imprenta Ferrer, 1899.
  • De la Guerra de Independencia en Galicia. Centro Galego de Buenos Aires. Ediciones Galicia, 1953. Edición póstuma.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

El cerco de La Coruña en 1589, 1889. 
Antigüallas de Galicia (PDF), 1907.[2] 
Tumba de Andrés Martínez Salazar no cemiterio de Santo Amaro da Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Murguía
 presidente da RAG 
1923
Sucesor:
Francisco Ponte Blanco
Predecesor:
Cargo novo
 Escudo de A Coruña.svg
Cronista Oficial da Coruña
 
1889 - 1923
Sucesor:
Uxío Carré Aldao