José García Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé García Vázquez
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Para o artigo sobre o publicista do mesmo nome, véxase Pepe Garalva

Monumento aos mártires do Portiño, co nome de José García Vázquez.

José García Vázquez, nado na Coruña en 1901 e finado na mesma cidade o 9 de outubro de 1937, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

García Vázquez era traballador na fábrica de tabacos e membro da Unión Tabacaleira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Participou no intento de fuxida do Portiño o 3 de marzo de 1937, foi detido o 8 de marzo.[1][2][3] Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,[4] foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 9 de outubro con Salvador Domingo Lliso, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Se ahogan en San Pedro varios marxistas", Hoja Oficial del Lunes, 8-3-1937, p. 6.
  2. El Ideal Gallego, 9-3-1937, p. 4.
  3. El Correo Gallego, 9-3-1937, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 6-6-1937, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 10-10-1937, p. 2.
  6. El Compostelano, 11-10-1937, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]