Almería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Almería
Almería
Localización
Almería en España
Almería
Almería
Almería en Provincia de Almería
Almería
Almería
País España
Comunidade Autónoma Andalucía
ProvinciaAlmería
ComarcaComarca metropolitana de Almería
Xeografía
Altitude23 msnm
Superficie296.21 km²
Demografía
Poboación198.533 hab. (2019)
Densidade633,07 hab./km²
XentilicioAlmeriense
Urcitano, -a
Outros datos
Código postal04001 - 04009
AlcaldeLuis Rogelio Rodríguez-Comendador. (PP)
aytoalmeria.es

Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.

A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o Mar Mediterráneo. Con 198.522 habitantes no ano 2019, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada no 955 por Abderramán III nunha localización dominada anteriormente por outras urbes coma a ibera Ucri ou a romana Portus Magnus, Almería desenvolveu un importante papel durante o Califato de Córdoba, chegando a ser o porto máis importante do al-Ándalus dos omeias. Alcanzou o seu máximo esplendor durante a taifa, no século XI, converténdose baixo o reinado de Almotacín nun emporio comercial e cultural. Tras a incorporación á Coroa de Castela no 1489, deciman a poboación os piratas, pragas e terremotos. A recuperación non será visible ata finais do século XIX, co rexurdir da minería e a exportación da uva de mesa, e de novo a partir dos anos 1960 do século XX, grazas á explosión da agricultura intensiva, ó turismo, a construción e o mármore.

No ano 2005 foi a sede dos XV Xogos Mediterráneos.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio histórico-artístico, cabe destacar a alcazaba musulmá (séculos X a XV), a catedral-fortaleza (século XVI), o cargadoiro de mineral ou Cable Inglés (finais do século XIX), ou o Museo de Almería, inaugurado no 2006.

Símbolos populares[editar | editar a fonte]

Indalo[editar | editar a fonte]

O símbolo por excelencia de Almería e a súa provincia é o indalo, orixinalmente unha pintura rupestre neolítica descuberta na cova dos Letreros (no actual Parque Natural de Serra de María-Los Vélez) en 1868 que representa a un home cazando cun arco.

Nos anos 1940 do século XX, o Movimiento Indaliano idealizou o símbolo, querendo ver nel un home que sostiña o arco da vella. O seu nome foi dado en honor a San Indalecio e proviría en última instancia do ibero indal eccius, «mensaxeiro dos Deuses».

Trátase dun símbolo moi arraigado na sociedade almeriense e é frecuente velo por todos lados. Atopamos un, por exemplo, no escudo da Unión Deportiva Almería.[1]

O sol de Portocarrero[editar | editar a fonte]

Outro símbolo moi unido á cidade é o erroneamente chamado sol de Portocarrero, altorrelevo que presenta un radiante sol antropomorfo rodeado de grilandas e que aparece esculpido no testeiro da capela funeraria do bispo Diego Férnandez de Villalán, na catedral de Almería. Por unha confusión histórica, é relacionado tradicionalmente este símbolo con outro bispo da diocese almeriense, Juan del Castillo y Portocarrero, do que toma nome a pesar de ser o mandato deste moi posterior.[2] O escudo da Universidade de Almería, por exemplo, baséase neste símbolo.[3]

Patróns[editar | editar a fonte]

A patroa da cidade é a Virxe do Mar, que celebra a súa festividade o sábado anterior ó último domingo do mes de agosto. A súa imaxe foi atopada na praia de Torregarcía, preto da capital, polo vixía da torre homónima, Andrés de Jaén, o 22 de decembro de 1502.[4] A lenda di que a imaxe, románica, puido formar parte dos restos dun barco naufragado o ser un mascarón de proa que os fieis vestiron como Virxe. Moi preto da torre construíuse a Ermida de Torregarcía en torno a cal se celebra unha romaría a segunda fin de semana de cada xaneiro.

O patrón da cidade e diocese de Almería é santo Indalecio, fundador da diocese da antiga Urci no século I e un dos Sete Homes Apostólicos, primeiros evanxelizadores da Península Ibérica por encomenda de San Paulo.[5] A súa festividade se celebra o 15 de maio.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Outras Almerías no mundo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.udalmeriasad.com
  2. Ruiz García, Alfonso (2008.). Ciudad de Almería. Colección: Guías de Almería: Territorio, cultura y arte. Almería: Instituto de Estudios Almerienses. ISBN 978-84-8108-430-6. 
  3. http://www.ual.es
  4. http://www.virgendelmar.com/principal.htm
  5. http://www.diocesisalmeria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=66

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]