Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′51″N 8°12′23″O / 43.34750, -8.20639

Miño
Escudo de Miño
Casa do Concello de Miño.JPG
Casa do concello.
Situacion Miño.png
Situación
Xentilicio[1]miñés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación6.624 hab. (2022)[2][3]
Área33,0 km²[3]
Densidade200,73 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloA Carreira
Política (2019[5])
AlcaldeManuel Vázquez Faraldo (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Miño
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes36,34%
Na rede
concellodemino.gal
editar datos en Wikidata ]

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñés[8]».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

O concello, de 32,97 km² , abrangue oito parroquias que son Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior, ao sur con Paderne e Irixoa, e ao oeste coa ría de Betanzos. Está situado a 25 km da capital da provincia, e a 72 km de Santiago de Compostela.

O concello está atravesado pola Vía inglesa do Camiño de Santiago.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Polo municipio pasan o río Lambre, que tras cruzar a ponte do Porco forma a praia da Alameda, o río Xarío, que atravesa as parroquias de Vilanova e Perbes e desauga a carón da praia Grande, e o río Baxoi, que tamén desauga na praia Grande e recibe este nome polo seu paso pola Ponte Baxoi. Alí se atopa na súa beira unha fonte gótica e un merendeiro para o descanso dos peregrinos que se dirixen a Compostela.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 5.838 habitantes
Menores de 15 anos 798 (13.67 %)
Entre 15 e 64 anos 3.651 (62.54 %)
Maiores de 65 anos 1.389 (23.79 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística INE, 1857-2011

Evolución da poboación de Miño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4.923 5.326 5.823 5.476 5.089 5.488 5.760 5.739 5.786 5.838 {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Os vestixios máis antigos atopados en Miño corresponden á era castrexa e aos restos do porto romano de Miño. En 1916 foron atopadas 1500 moedas romanas, o Tesouro de Algar[9]. O concello constituíuse como tal trala fin do Antigo Réxime a comezos do século XIX. Até 1919 o municipio levou o nome de Castro, parroquia na que estivo a capital até entón[10].

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

Da cultura castrexa consérvase o castro de Loios, castro de Ombre, Centroña, Insua, Santa María de Castro, Carantoña e Leiro[9][11]

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán de Vilanova é de orixe románica. Comezou a construírse no ano 1040, sendo a portada reconstruída no século XVIII. A súa ábsida semicircular foi restaurada. A igrexa de Santa María de Castro é do século XVI.

Sobre os ríos Lambre e Vixoi (hoxe río Baxoi), hai dúas pontes do século XV, mandadas construír por Fernán Peres de Andrade o Boo, señor de Pontedeume. A que cruza o río Lambre, cun só arco de estilo oxival, é coñecida como Ponte do Porco, por ter esculpido un xabaril, símbolo da casa de Andrade. En Bañobre está o pazo dos Condes de Vigo, que conserva na fachada elementos orixinais do século XVIII.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Santa María de Miño

  • 27 ou 29 de xuño: Festas en honra a San Pedro. Parte da poboación miñense cre que San Pedro é o patrón, mais en realidade a parroquia de Miño é Sta. María, polo que non ten patrón, senón patroa: a Virxe da Asunción. A festividade de San Pedro débese a unha decisión estratéxica pola condición de municipio turístico de Miño que depende da tempada estival, dado que a festividade da Virxe da Asunción coincide con festas locais noutras vilas (15 de agosto), optouse por festexar San Pedro ao ser o 29 de xuño unha data máis propicia para atraer visitantes no verán. [Cómpre referencia][12]
  • 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros. Nesta festividade unha procesión coa imaxe da Virxe parte da igrexa parroquial de Santa María, baixando ata o porto, lugar onde se oficia unha misa cantada, polo xeral, a cargo da Rondalla e Coral da ACRD O´Castro. O alcalde e un membro da confraría de pescadores botan á auga unha gran coroa de loureiro, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. Finalizada a cerimonia, a imaxe da Virxe do Carme regresa de novo en procesión ata a igrexa.
  • 31 de agosto: Romaría de San Ramón no lugar de Bra.
  • 23 de xuño: Festa da noite de San Xoán.
  • Primeiro fin de semana de agosto: Feira da Cebola chata de Miño.

Ponte do Porco

Bemantes

Callobre

  • Primeiro domingo despois do 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme.
  • 24 de xuño: Festa de San Xoán

Carantoña

  • Primeiro domingo de xuño: Festa de Santa Isabel

Leiro

Bañobre

Castro

Viadeiro

  • 20 de xaneiro: Festa de San Sebastián

Perbes

  • xuño: Festa do Corpus Christi
  • Principios de agosto: Festa do Turista

San Xoán de Vilanova

  • 24 de xuño: Festa de San Xoán

Economía[editar | editar a fonte]

Infraestruturas de transporte[editar | editar a fonte]

O concello está comunicado a través da estrada nacional N-651 que vai de Betanzos a Ferrol e pola autoestrada AP-9 con acceso directo, que conecta coas cidades da franxa atlántica. Está atravesado pola liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos Infesta que liga coa que vai da Coruña a Lugo, conta coa estación de Miño e coa estación de Perbes.

Deporte[editar | editar a fonte]

No concello teñen a súa sede os seguintes clubs deportivos:

  • Club Ciclista Miñotauros
  • Asociación Deportiva Miño
  • Bemantes C.F.
  • Club de Fútbol Sala Alameda-Xarío
  • Sociedad Deportiva Miño
  • Club Deportivo Comarca Lambre-Mandeo
  • Club Deportivo Náutico de Miño
  • Judo Club Bemantes

Asociacións[editar | editar a fonte]

No concello teñen a súa sede as seguintes asociacións:

  • ACRD O´Castro.
  • Asociación de Empresarios de Miño
  • Ardóbriga. Asociación cultural para a protección do patrimonio
  • Asociación Cultural Arruallo
  • Asociación Española Contra o Cáncer - Xunta local de Miño
  • Asociación A Irmandade
  • Asociación Amas de Casa Consumidores e Usuarios de Miño
  • Asociación Camiño
  • A.VV. Xarío
  • A.VV. San Xulián de Carantoña
  • A.VV. Anduriña de Callobre
  • A.VV. Santa María de Castro
  • Asociación de Mulleres Rurais Divino Salvador de Leiro
  • Asociación Cultural A Inmaculada de Bañobre
  • Asociación Cultural Mulleres de Bemantes

Miño na literatura popular[editar | editar a fonte]

Pasei a ponte do Porco,
paseille a man polo lombo,
meu divino San Andrés
o voso camiño é longo
[13].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Miño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Miño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Concello de Miño na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique 1962- (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Vigo: Universidad de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7. OCLC 957756088. 
  9. 9,0 9,1 PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.
  10. "El cambio del ayuntamiento de Castro para Miño", artigo de José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro en Betanzos e a súa Comarca, 1 de xullo de 2000.
  11. Miño. O Noso Patrimonio
  12. http://www.paxinasgalegas.es/catolica-parroquias-iglesias-mi%C3%B1o-2337ep_49ay.html
  13. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 405. Refírese ó paso dos peregrinos pola Ponte do Porco (Miño) camiño de Santo André de Teixido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Parroquias do concello coruñés de Miño

Bemantes (San Tomé) | Callobre (San Xoán) | Carantoña (San Xulián) | Castro (Santa María) | Leiro (Divino Salvador) | Miño (Santa María) | Perbes (San Pedro) | Vilanova (San Xoán)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.