Karbo Deportivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karbo Deportivo
NomeKarbo Deportivo
Fundación1968
Desaparición1988
EstadioRiazor,
A Coruña, Galicia
Na casa

O Karbo Deportivo foi un club[1][2] de fútbol feminino galego da cidade da Coruña. Fundado en 1968[3] como Karbo Club de Fútbol,[4] inicialmente era un club independente. Na metade da tempada 1983/84 o Deportivo da Coruña fíxose cargo del e mudou o seu nome polo de Karbo Deportivo.[5][6] Constituíuse así historicamente a primeira sección de fútbol feminino da entidade branquiazul. Durante a década de 1980 foi o equipo referente do fútbol feminino en España.[7] Desapareceu en 1988 por problemas económicos.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

O Karbo Club de Fútbol[4] naceu en 1968 no seo da Academia Karbo,[3] un colexio do barrio coruñés dos Mallos.[8] Durante a súa primeira etapa o equipo xogou torneos amigables e oficiosos, xa que a Real Federación Española de Fútbol non incorporou o fútbol feminino ata 1980.[9]

En 1981 o club foi convidado á inuaguración do campo de fútbol da Laracha e gañou a un equipo masculino de veteranos por 2-0.[10] Para o mes de maio dese ano o club solicitou utilizar o estadio de Riazor para xogar un trofeo fronte ao Boavista, pero foilles denegado. O club mandou un escrito ao concello da Coruña, que respondeu que debería abonar 50.000 pesetas por utilizar o estadio, mentres que a directiva do Deportivo da Coruña negouse a ceder o estadio porque “podería supoñer un precedente que obrigaría a ceder o estadio cantas veces fose solicitado”.[11][10][12]

En xuño dese ano gañou a Copa Raíña Sofía, campionato de España oficioso organizado polo concello de Tarragona,[13] enfrontándose na final ao Risco de Las Palmas por 2-1.[14][15] Previamente gañara por goleada ao Ciudad Condal (4-0), Punta del Este (10-1) e Barcelona (3-0).[16] O club tivo que pagar a viaxe, xa que non recibiu ningún tipo de axuda federativa ou subvención institucional.[17] As xogadoras tiveron que levar os equipamentos do Orzán SD e o Imperátor OAR como roupa de reposto.[16]

Cinco xogadoras do Karbo entraron na primeira convocatoria oficial da selección feminina española de fútbol, que debutou en febreiro de 1983 nun encontro amigable fronte a Portugal. Elas foron Ángeles Olmo, Encarnación Pérez, Inma Castañón, Aurora Martínez e Lis Franco.[18][19]

En 1983 a Real Federación Española de Fútbol organizou a primeira edición oficial da Copa da Raíña de fútbol, da que o Karbo C.F. resultou campión tras gañar na final disputada en Xetafe o 22 de maio de 1983 ao Porvenir por 4-1.[20][21]

En novembro de 1983 producironse conversas entre o entón presidente do Deportivo da Coruña, Jesús Corzo Sierra, e os propietarios do colexio Karbo, Ramón Carrasco e Mary Carmen Borrego, que desembocarían nun acordo polo cal o Deportivo se faría cargo do Karbo.[5] Así mesmo, o club branquiazul decidiu respectar o nome Karbo e engadíulle o de Deportivo, ficando así o nome como Karbo Deportivo.[5][6] A partir de entón o equipo comezaría a empregar a camisola branquiazul co escudo do Deportivo,[8][22] e disputaría os encontros como local alternativamente entre o campo de Elviña, o de Vilaboa e o estadio de Riazor —no que chegou a rexistrar entradas de 4.000 espectadores—.[8]

O equipo gañaría dúas Copas da Raíña máis, en 1984 e 1985. Na final de 1984, xogada a dobre partido, derrotou o Añorga, gañando 4-2 en Riazor e perdendo 2-1 en Donostia, adxudicándose a Copa por un global de 5-4. En 1985 gañou por penaltis a final a partido único disputada en Riazor contra Barcilona, tras finalizar con empate 2-2.[8]

O Karbo Deportivo foi a base da selección galega que gañou o campionato de España en 1985.[23]

Entre as tempadas 1982/83 e 1986/87, o Karbo gañou con facilidade o campionato de Galicia organizado pola Federación Galega de Fútbol, disputado en forma de liga e que daba a clasificación para a Copa da Raíña.[24][25][26][27][28] Na tempada 1984/85 mesmo o chegou a gañar sen recibir un só gol en contra.[29] En 1987 tamén gañaría a Copa Federación Galega de Fútbol ao vencer 5-0 ao Celta.[30]

O Karbo Deportivo deixou de existir en 1988 por problemas económicos,[7] deixando o Deportivo da Coruña sen equipo feminino ata o ano 2016, cando volveu contar cunha sección de fútbol feminino,[31][32] chamada oficialmente Real Club Deportivo ABANCA[33][34] por razóns de patrocinio.[35]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

Xogadoras famosas[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Federación Española de Fútbol (1985). "Federación Gallega. Clubs afiliados. Futbol Femenino. Karbo Deportivo". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1985. p. 726. 
  2. Real Federación Española de Fútbol (1987). "Federación Gallega. Clubs categoría femenina. Club Karbo Deportivo". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1987. p. 331. 
  3. 3,0 3,1 "La Voz de Galicia". A Coruña. 11 de abril de 1984. p. 64. 
  4. 4,0 4,1 Modelo:Cita movas
  5. 5,0 5,1 5,2 "La Voz de Galicia". A Coruña. 26 de novembro de 1983. p. 47. Ayer, a última hora de la tarde, tuvo lugar una reunión en el local social deportivi sta entre el presidente del Deportivo, Jesús Corzo, y los propietarios del colegio Karbo, Ramón Carrasco y Mary Carmen Borrego, que a su vez patrocinan el equipo femenino que lleva el nombre del colegio. En la conversación se llegó, inicialmente, al acuerdo de que el Deportivo se haga cargo de la plantilla que forman actualmente el citado equipo. El primer club coruñés respetará el nombre de Karbo, que tienen registrado los actuales propietarios, en el campeonato de España que se iniciará en el próximo diciembre, en el que figurará como Karbo Deportivo. 
  6. 6,0 6,1 "Marca". Madrid. 5 de xaneiro de 1984. p. 10. El Coruña ha absorbido al club Karbo, de la categoría femenina, uno de los más calificados. La nueva denominación será Karbo Deportivo Femenino. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Karbo, las futbolistas que ganaron a los hombres". Marca. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 El Karbo, pioneras también en Riazor La Opinion A Coruña. 3 de febreiro de 2020
  9. La federación proyectará el fútbol femenino cuando conozca sus afiliadas El País. 23 de outubro de 1980
  10. 10,0 10,1 "Faro de Vigo". 21 de abril de 1981. p. 40. 
  11. "El Coruña niega las instalaciones de Riazor a un club femenino". Lanza nº 12.231. Cidade Real. 21 de abril de 1981. p. 12. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  12. "Faro de Vigo". 22 de abril de 1981. p. 37. 
  13. Alfredo Relaño (16 de maio de 2019). "La Copa de la Reina Sofía". As.com. 
  14. "El Karbo, de La Coruña, campeón nacional de fútbol femenino". Hoja del lunes nº 1.775. A Coruña. 29 de xuño de 1981. p. 15. 
  15. Karbo, de La Coruña, primer campeón nacional EL País. 30 de xuño de 1981
  16. 16,0 16,1 Las reinas del fútbol ganan su copa La Voz de Galicia. 25 de maio de 2019
  17. "La Voz de Galicia". A Coruña. 8 de xullo de 1981. p. 53. 
  18. "Debut internacional de la selección femenina española de fútbol". Diario de Burgos nº 28.112. 5 de febreiro de 1983. p. 21. 
  19. "La Voz de Galicia". A Coruña. 5 de febreiro de 1983. p. 45. 
  20. "La Voz de Galicia". A Coruña. 23 de maio de 1983. p. 25. 
  21. Chío de Manu Sainz coa crónica do diario As
  22. "Un once inicial do Karbo, equipo feminino do Deportivo, en 1985. RC Deportivo". recordos.rcdeportivo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  23. "La Voz de Galicia". A Coruña. 10 de xuño de 1985. p. 17. 
  24. "La Voz de Galicia". A Coruña. 3 de maio de 1983. p. 46. 
  25. "La Voz de Galicia". A Coruña. 26 de marzo de 1984. p. 15. 
  26. "La Voz de Galicia". A Coruña. 1 de abril de 1985. p. 25. 
  27. "La Voz de Galicia". A Coruña. 31 de marzo de 1986. p. 15. 
  28. "La Voz de Galicia". A Coruña. 3 de marzo de 1987. p. 46. 
  29. "La Voz de Galicia". A Coruña. 1 de abril de 1985. p. 15. 
  30. "La Voz de Galicia". A Coruña. 25 de xaneiro de 1987. p. 44. 
  31. El equipo femenino del Dépor nacerá con la estructura del Orzán La Voz de Galicia. 25 de febreiro de 2016
  32. Deportivo y Orzán presentan el nuevo equipo femenino blanquiazul, que arrancará la próxima temporada rcdeportivo.es
  33. Ficha do equipo na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020
  34. Datos do equipo na web da Real Federación Española de Fútbol Arquivado 18 de maio de 2020 en Wayback Machine. Consultado o 30 de setembro de 2020
  35. El Dépor y ABANCA se unen para impulsar el fútbol femenino rcdeportivo.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]