O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.
Foi fundado en 1993[1] baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 [2] pola que exerce na actualidade.
Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:
Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os interesados poden tamén facer consultas:[3]
Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal ata 2015 e por Isabel González Rey desde esa data, pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (22 números ata 2022);
Proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual);
Proxecto Dicionario de literatura;
Proxecto Dicionario de termos literarios;
Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;
Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;