Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′07″N 8°25′29″O / 43.36851, -8.42476

Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña
Cartel Ronda Deportivo da Coruña.jpg
Cartel da ronda no seu comezo na rotonda do Pavo Real da Coruña.
Tipoloxía Ronda de circunvalación e acceso á cidade.
Dimensións
Lonxitude 5 km
Formato 2, 3 ou 4 carrís por sentido, máis beiravía
Localización
Inicio cruzamento de Ronda de Outeiro coa Rúa de Manuel Murguía
Fin confluencia coa AC-14 á altura de Mesoiro
Localidade A Coruña
Circulación
Tránsito Rodado

Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña é o nome co que o concello da Coruña bautizou a autoestrada V-1.4[1], ou V-14, que constitúe o treito da terceira ronda da cidade que foi construído pola Xunta de Galicia. A V-1.4 é unha autoestrada de circunvalación que une a zona de Riazor coa AC-14, autoestrada de acceso á cidade construída simultaneamente polo Ministerio de Fomento tamén formando parte do proxecto da terceira ronda.

A Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña sae da rotonda do Pavo Real, na confluencia da Rúa de Manuel Murguía coa Ronda de Outeiro, atravesa os lugares de San Pedro de Visma, Penamoa, o polígono de Agrela, pasa ao carón do centro comercial Marineda City e desemboca na AC-14 á altura de Mesoiro, xunto ao Polígono Pocomaco tras pasar polo lugar das Rañas. Posteriormente a autoestrada AC-14 pasa pola Zapateira, e adéntrase no concello de Culleredo permitindo a conexión co aeroporto de Alvedro e coa autoestrada A-6 Madrid-Arteixo.

O tramo de tres quilómetros que une a rúa de Manuel Murguía co polígono da Grela foi inaugurado oficialmente o 27 de decembro de 2011,[1] mentres que a súa continuación que conecta coa AC-14 inaugurouse o 14 de marzo de 2015 ao mesmo tempo que se completaban as obras nesta última.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes da actual estrada remóntanse ao 14 de decembro do ano 2000, día no que Xosé Cuíña Crespo e Francisco Vázquez Vázquez asinaron o acordo para iniciar a estrada que viría a solucionar os problemas do tráfico para acceder á cidade. Tres anos máis tarde a Xunta de Galicia presentou o proxecto para o tramo entre Os Rosales e a ligazón coas Rañas. En 2006 asinouse o acordo de inicio das obras e o 10 de novembro de 2006 comezaron os traballos[3].

En decembro de 2009 o pleno do Concello aprobara por unanimidade darlle o nome do Deportivo da Coruña a unha rúa da cidade, que era unha petición de vello dos afeccionados.[4] O 8 de agosto de 2012 o alcalde da Coruña Carlos Negreira informou que a Terceira Ronda sería finalmente a que levase ese nome[5] e o 21 de setembro de 2012 o alcalde acompañado polo presidente do Deportivo Augusto César Lendoiro inaugurou o novo nome da ronda.[6] Centos de persoas achegáronse para a celebración.

Descrición[editar | editar a fonte]

Rotonda do Pavo Real, na Ronda de Outeiro e inicio da Ronda do Deportivo da Coruña.

A Ronda de Nelle, primeira ronda da Coruña, e a Ronda de Outeiro, segunda ronda, foron completadas coa terceira ronda como nova circunvalación de acceso á cidade. O 20 de novembro do 2014 foi sometido a información pública[7] o estudo informativo do que se deu en chamar cuarta ronda[8]. Esta sería unha estrada convencional que prolongaría a autoestrada AC-15 de acceso ao Porto Exterior da Coruña para conectar coa terceira ronda no polígono de Pocomaco tras pasar a carón do polígono de Vío[8].

A terceira ronda foi unha obra inaugurada por tramos. Nalgunhas zonas ten seis carrís, tres en cada sentido. Nunha primeira inauguración parcial a finais do ano 2011[1] foron os accesos ao centro comercial Marineda City os que aproveitaron a infraestrutura. Construíuse un viaduto sobre a rotonda que dá acceso á tenda de IKEA na Coruña. Esta rotonda a tres niveis na estrada Baños de Arteixo é un dos accesos á cidade da Coruña dende a autoestrada a Carballo. O último tramo da V-1.4 foi inaugurado en marzo de 2015.[2] Estaba previsto que fora empregada por 100 000 vehículos ao día[9].

As obras comezaron en 2006 e a suma das lonxitudes de todos os tramos da terceira ronda é de 18,3 quilómetros[10]. A obra está financiada por varias administracións:

O custo total da terceira ronda supera os 250 millóns de euros, sumando a inversión do Estado e a da Xunta[2].

Conexións da Ronda do Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

Vista dos viadutos da terceira ronda da Coruña no polígono de Pocomaco.
Número de Saída Nome de Saída Estrada que liga
Spain traffic signal s1.svg Spain traffic signal p4.svg Rotonda do Pavo Real Ronda de Outeiro, Manuel Murguía
Spain traffic signal p4.svg Rotonda de Visma Sen ligazón
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg
(en sentido A Coruña)
Polígono de Agrela-Bens
Rúa Severo Ochoa
Meicende
Rúa Severo Ochoa
AC-415
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Polígono de Agrela-Bens
Avenida de Arteixo
Carballo
Zona comercial
accesos a Marineda City
Estrada Baños de Arteixo
accesos ás Rañas
Spain traffic signal s1.png Conexión coa autoestrada AC-14 en sentido saída da cidade AC-14

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]