Caixanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede de Caixanova en Vigo.

A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.

Historia[editar | editar a fonte]

Constituíuse o 17 de xullo do ano 2000, en virtude dun acordo de fusión alcanzado polas súas respectivas Asembleas Xerais no mes de xuño do mesmo ano das caixas seguintes: Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933) e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (fundada en 1930).

A fusión realizouse en dous tramos, o primeiro coa fusión entre a Caixa de Vigo e a de Ourense, dando lugar a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, que posteriormente fusionouse coa de Pontevedra para dar lugar á entidade actual.

Sede de Caixanova en Pontevedra.
Sucursais das dúas caixas antes da fusión.

Caixanova conforma co Banco Gallego, do que posúe o 50% do seu capital social, a primeira plataforma financeira de Galicia integrada por unha caixa e un banco, e que conta con 676 oficinas operativas -a maior rede de Galicia- e 3.660 empregados, (datos do 31 de decembro de 2006). Mercede ó ambicioso plan de expansión que está levando a cabo, xa está presente en case toda España e en países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Estados Unidos, México, Venezuela ou Brasil.

O volume de negocio que xestiona aproximábase, ó peche do exercicio 2006, ós 41.000 millóns de euros, ano en que acadou un resultado positivo (antes de impostos) de 200,8 millóns de euros.

O investimento crediticio do grupo superaba no exercicio 2005 os 12.000 millóns de euros.

No ano 2010 fusionouse con Caixa Galicia, dando lugar a Novacaixagalicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]