Elviña, A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°19′55.79″N 8°24′34.05″W / 43.3321639°N 8.4094583°W / 43.3321639; -8.4094583

Elviña
Castro de Elviña Vista xeral.JPG
Coruña parroquias.PNG
Concello A Coruña
Área 14,24 km²
Poboación 14.631 hab. (2012)
Densidade 1.027,46 hab./km²
Entidades de poboación 12

San Vicenzo de Elviña é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2012) conta cunha poboación de 14.631 habitantes (7.288 homes e 7.343 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación os anos 2008, cando contaba con 10.933 habitantes, e 1999 cando contaba con 4.940.

Nesta parroquia atópase o Castro de Elviña.

Ilustración decimonónica da Batalla de Elviña, onde se aprecian as terras centrais da actual parroquia de Elviña.

Nesta parroquia tivo lugar a batalla de Elviña no curso da Guerra da Independencia Española.

Notas etnográficas[editar | editar a fonte]

Para cantar e beilar,
as nenas da Pelengrina;
para beber a perrita,
as borrachonas de Elviña [1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Elviña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Elviña no concello da Coruña

Aguaceiros | Carracedo | O Castro de Elviña | Elviña | O Escorial | A Felga | O Lagar | Palavea | Penarredonda | Río de Quintas | O Souto | A Zapateira

Parroquias da Coruña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Coruña

A Coruña | Elviña (San Vicenzo) | Oza (Santa María) | San Cristovo das Viñas (San Cristovo) | Visma (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O colector desta cantiga, Pérez Ballesteros, explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". Actualmente, O Burgo é lugar e parroquia do concello limítrofe de Culleredo, e nin Pelengrina nin forma parecida figuran no Nomenclátor. Segundo Eladio Rodríguez, a perrita é unha "copa de aguardiente de caña, que tomaban en La Coruña los pescadores y marineros en ayunas, para entonar el estómago, al salir a sus faenas. Esta costumbre antigua llamábase 'toma-la perrita', y desapareció en la primera veintena del actual siglo" (refírese ó século XX).