Club do Mar de San Amaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club do Mar de San Amaro
Tipoclub
Data de fundación1935
SedeA Coruña
PaísGalicia
43°22′53″N 8°23′49″O / 43.381277777778, -8.3970111111111
Na rede
https://www.clubdelmardesanamaro.com
editar datos en Wikidata ]

O Club do Mar de San Amaro é un club deportivo e social sen ánimo de lucro fundado en 1935 a carón da praia de Santo Amaro.[1] É un referente deportivo, recreativo, social e cultural da cidade da Coruña.[2][3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1931 comézase a construír o primeiro edificio social do club, sendo inaugurado en 1935.[5] Finánciase coas achegas veciñais debido ao interese dos habitantes do barrio de Monte Alto pola práctica deportiva e ás necesidades hixiénico-sanitarias do barrio.[3]

A súa actividade interrómpese durante a guerra civil, retomando a súa actividade na década dos anos 40.[6] Debido á súa proximidade coa canteira utilizada na construción do dique de abrigo, o club constrúe un segundo edificio social sobre as ruínas do castelo de Santo Amaro, situado no outro extremo da cala.[7]  

Nos anos 60 e 70 o club adquire máis terreos e amplía as súas instalacións incorporando a piscina exterior e o pavillón polideportivo, alcanzando a comezos dos anos 80 a cifra de 5000 socios.[6]

Por mor da ampliación do paseo marítimo demoleuse o pavillón, construíndo un novo pavillón polideportivo baixo o viario do paseo.[8] O Concello da Coruña tamén construíu unha piscina municipal xunto ao pavillón que xestiona o club en virtude dun convenio asinado entre ambas as entidades.[9]      

O antigo edificio social seguiu albergando as seccións de remo e vea, até aproximadamente o ano 2011, no que queda excluído do convenio e xorden problemas xurídicos, posteriormente o club trata de recuperar a concesión do edificio para a creación dunha especie de centro de interpretación que explique a tradición mariñeira do barrio e as catástrofes marítimas que houbo na contorna.[10]

Instalacións[editar | editar a fonte]

Entre instalacións e equipamento propio e xestionado, o club conta coas seguintes instalacións:

  • Edificio social
  • Piscinas Exteriores
  • Ximnasios
  • Pavillón polideportivo
  • Piscina interior climatizada.

Seccións deportivas[editar | editar a fonte]

O club conta cunha gran tradición deportiva e foi o artífice dalgúns dos eventos deportivos máis destacados da cidade, como a travesía a nado de San Amaro ou a Copa de S. E. O Generalísimo de traiñeiras.[11] Nas súas instalacións tamén leváronse a cabo competicións como a Copa do Rei de Halterofilia de 2020.[12]

Natación[editar | editar a fonte]

Organiza a travesía de San Amaro, a proba deportiva máis antiga da cidade.[5] O club ten tradición en natación desde 1936 e logrou competir na Copa de España.[11][13]

Remo[editar | editar a fonte]

Sección tradicional que disputou a Copa de S. E. O Generalísimo de traiñeiras, ou ben como Club do Mar ou baixo a denominación Confraría Pescadores San Amaro.[14]   

Submarinismo[editar | editar a fonte]

A súa escola de mergullo fundouna Roberto Diehl en 1968, a escola xogou un papel fundamental en labores de salvamento e rescate marítimo desde principios dos anos 70.[15] Tamén organiza campionatos de pesca submarina.[16]

Vela[editar | editar a fonte]

O club ten tradición en vela e forma regatistas.[17]

Bádminton[editar | editar a fonte]

É un club pioneiro neste deporte, practícase desde que Agustín Rodríguez -primeiro seleccionador nacional- instalase unha rede en 1970.[18] O club formou, polo menos, a 32 campións nacionais, chegando a ter equipo en primeira división e a organizar unha proba puntuable para o campionato de España.[11] A implicación do club, o Concello da Coruña e algunhas empresas galegas foi fundamental para lograr a creación da Federación Española de Bádminton en 1985.[18]

Tenis de mesa[editar | editar a fonte]

Pioneiro neste deporte, chegou a ter equipo en división de honra e ser un referente na formación de xogadores e no tenis de mesa adaptado chegando a ser paralímpicos os tenistas Indalecio Iglesias (Barcelona 92) e Alberto Seoane (Río 2016).[11][19][11][20]    

Fútbol sala[editar | editar a fonte]

Ten equipos desde prebenxamín a veteráns, acadando o campionato de España de 2011 na categoría benxamín.[11]

Labor cultural e social[editar | editar a fonte]

Tamén destaca polo seu labor cultural e social coa organización de actividades culturais, sociais e actos benéficos.[21][22][23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. lavozdegalicia.es, ed. (17 de septiembre de 2016). "Cuando aún era un niño, mi padre me llevaba a la zona de la laguna". Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. "Bea Mato visita o Club do Mar de San Amaro para coñecer o proxecto de humanización do seu entorno - Xunta de Galicia". Consultado o 2021-08-12. 
  3. 3,0 3,1 "La fiesta de 80 cumpleaños del Club del Mar" (en castelán). 2015-09-09. Consultado o 2021-08-12. 
  4. Bautista, Consuelo (2019-11-22). "Ángel Garmendia deja la presidencia del Club del Mar de San Amaro" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  5. 5,0 5,1 "78 años de historia en San Amaro" (en castelán). 2018-08-26. Consultado o 2021-08-12. 
  6. 6,0 6,1 Amaro, Club del Mar de San. "Club del Mar de San Amaro". clubdelmardesanamaro.com. Consultado o 2021-08-14. 
  7. "El castillo chivato" (en castelán). 2003-03-01. Consultado o 2021-08-12. 
  8. "HEMEROTECA El Ayuntamiento adjudicaba las obras del polideportivo del Club del Mar" (en castelán). 2005-11-14. Consultado o 2021-08-12. 
  9. "El Club de Mar ya es de platino" (en castelán). 2010-07-06. Consultado o 2021-08-12. 
  10. Fernández, Ángela (2019-04-11). "El Club del Mar reclama la concesión de su primera sede para un aula del mar" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 "Mucho más que un club" (en castelán). 2012-03-29. Consultado o 2021-08-12. 
  12. "La Escuela Tinerfeña de Halterofilia gana la Copa del Rey 2020" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  13. Varela, María (2019-12-19). "Estreno nacional del Club del Mar" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  14. angelobregonsierra (2014-07-10). "XX Aniversario Regata Generalísimo" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  15. "«El que bucea aquí es capaz de hacerlo en cualquier parte del mundo»" (en castelán). 2018-07-02. Consultado o 2021-08-12. 
  16. Amaro, Club del Mar de San. "Club del Mar de San Amaro". Consultado o 2021-08-12. 
  17. "'Bionic Elk' se proclama vencedor del Trofeo Mar de Maeloc Finisterre" (en castelán). 2020-08-08. Consultado o 2021-08-12. 
  18. 18,0 18,1 MARCA.com (2015-10-20). "De la playa a la cumbre" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  19. Varela, María (2021-07-06). "El ‘girl power’ del Club del Mar" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  20. "A Río se va por San Amaro" (en castelán). 2016-08-10. Consultado o 2021-08-12. 
  21. "«The Guardian» pone al Club del Mar de San Amaro como ejemplo de buena organización de un evento" (en castelán). 2020-07-06. Consultado o 2021-08-12. 
  22. Bautista, Consuelo (2020-10-05). "Homenaje a los fallecidos en el naufragio del pesquero 'La Isla' 50 años después" (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  23. López, Raquel (2018-12-27). "El Club del Mar San Amaro organiza tres conciertos para el Banco de Alimentos" (en castelán). Consultado o 2021-08-12.