Naceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispoAlejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.
Foi co-fundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.
Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o Océano Atlántico.[2]
Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]
↑ 6,06,1p. 327-368 en Coleccion de las Memorias premiadas… Tratan del exercicio de la caridad y socorro de los verdaderos pobres, corrección de los ociosos, destierro de la mendicidad voluntaria…, Madrid, 1784.
García Cortés, C. (2003). Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806): un promotor de la Ilustración en Galicia(en castelán). Biblioteca de la Casa Consulado. ISBN84-607-9212-9.