Eleccións municipais na Coruña

Corporacións democráticas na Coruña dende a aprobación da Constitución de 1978.
| Eleccións | PPdeG | BNG | PSdeG-PSOE | UCD | UG | CD | BN-PG | PCG | CP | LCU | AP | CDS | EU-V | MAREA | Cs | Alcalde * |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1979 | - | - | 6 | 8 | 5 | 4 | 2 | 2 | - | - | - | - | - | - | - | Domingos Rafael Merino Mexuto (UG) |
| 1983 | - | - | 14 | - | - | - | - | - | 8 | 5 | - | - | - | - | - | Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| 1987 | - | - | 17 | - | - | - | - | - | - | - | 8 | 2 | - | - | - | Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| 1991 | 9 | - | 18 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| 1995 | 10 | 2 | 15 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| 1999 | 7 | 3 | 17 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| 2003 | 7 | 6 | 14 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Francisco Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
| 2007 | 10 | 6 | 11 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Francisco Javier Losada de Azpiazu (PSdeG-PSOE) |
| 2011 | 14 | 4 | 8 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 1 | - | - | Carlos Negreira (PPdG-PP) |
| 2015 | 10 | 1 | 6 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 10 | - | Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) |
| 2019 | 9 | 2 | 9 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 6 | 1 | Inés Rey (PSdeG-PSOE) |
| 2023 | 12 | 4 | 11 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Inés Rey (PSdeG-PSOE) |
| * No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación. | ||||||||||||||||

- 1979 Alcalde: Domingos Rafael Merino Mexuto — UG
- Elixido alcalde co apoio do PSdeG, tras un pacto polo cal UG apoiaría aos candidatos socialistas en Ferrol e Vigo. Foi alcalde dende abril de 1979 até marzo de 1981.
- Trala dimisión de Merino Mexuto por falta de apoios políticos, foi nomeado alcalde Joaquín López Menéndez da UCD.

- 1983 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

- 1987 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

- 1991 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

- 1995 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

- 1999 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE

- 2003 Alcalde: Francisco Vázquez Vázquez — PSdeG-PSOE
- Trala dimisión e marcha de Francisco Vázquez ó Vaticano como embaixador, foi nomeado alcalde Javier Losada do PSdeG-PSOE.

- 2007 Alcalde: Francisco Javier Losada de Azpiazu — PSdeG-PSOE
- Goberno en coalición do PSdeG-PSOE co BNG.


- 2011 Alcalde: Carlos Negreira — PPdeG


- 2015 Alcalde: Xulio Ferreiro — Marea Atlántica
- Candidatos: Carlos Negreira Souto (PP), Xulio Xosé Ferreiro Baamonde (Marea Atlántica), María del Mar Barcón Sánchez (PSdeG-PSOE), Xosé Manuel Carril Vázquez (BNG), Santiago Folla-Cisneros Vidal (C's), Carlos Javier Marcos Blanco (UC), Roberto Martínez-Anido Ricoy (AV), José Adrián García Alonso (PACMA) e Carlos Oliva Castelló (UPyD).[1]

2019
[editar | editar a fonte]
- 2019 Alcaldesa: Inés Rey García — PSdeG-PSOE[2]

As eleccións municipais de 2019 celebráronse na Coruña o domingo 26 de maio, de acordo co Real Decreto de convocación das eleccións locais en España disposto o 1 de abril de 2019 e publicado no Boletín Oficial do Estado o 2 de abril.[3] Foron elixidos os 27 membros do Concello da Coruña, a través dun sistema proporcional (método d'Hondt), con listas pechadas e unha barreira electoral do 5 %.
Resultados
[editar | editar a fonte]5 listas obtiveron representación: a lista máis votada, a do Partido Popular, obtivo 9 concelleiros (1 menos ca en 2015). A lista do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE tamén acadou 9 concelleiros (3 máis ca en 2015). Marea Atlántica conseguiu 6 concelleiros (4 menos ca en 2015), o Bloque Nacionalista Galego, 2 (1 máis ca en 2015), en canto Cidadáns-Partido da Cidadanía entrou na corporación municipal por primeira vez cunha concelleira.[4][5][6][7] Os resultados completos detállanse a continuación:
| Lista | Votos | % | Escanos | |
|---|---|---|---|---|
| Partido Popular (PP) | 37.938 | 30,35 | 9 | |
| Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) | 37.528 | 30,02 | 9 | |
| Marea Atlántica (Marea) | 25.290 | 20,23 | 6 | |
| Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 8.950 | 7,16 | 2 | |
| Cidadáns-Partido da Cidadanía (Cs) | 7.245 | 5,80 | 1 | |
| Alternativa dos Veciños (AV) | 2.916 | 2,33 | 0 | |
| Vox (Vox) | 2.655 | 2,12 | 0 | |
| Partido Animalista Contra el Maltrato Animal (PACMA) | 982 | 0,79 | 0 | |
| Ganemos A Coruña (Ganemos) | 375 | 0,30 | 0 | |
| Democracia Coruñesa (DCO) | 277 | 0,22 | 0 | |
| Falange Española de las JONS (FE de las JONS) | 52 | 0,04 | 0 | |
| Votos en branco | 812 | 0,65 | n/a | |
| Votos válidos | 125.020 | 100,00 | 27 | |
| Votos nulos | 544 | Participación: 62,76 % | ||
| Votantes | 125.564 | |||
| Electores | 200.075 | |||
Concelleiros elixidos
[editar | editar a fonte]Lista de concelleiros elixidos:
| N.º | Nome | Lista | |
|---|---|---|---|
| 1 | Beatriz Mato Otero | PP | |
| 2 | Inés Rey García | PSdeG-PSOE | |
| 3 | Xulio Xosé Ferreiro Baamonde | Marea | |
| 4 | Rosa María Gallego Neira | PP | |
| 5 | José Manuel Lage Tuñas | PSdeG-PSOE | |
| 6 | María García Gómez | Marea | |
| 7 | Roberto Rodríguez Martínez | PP | |
| 8 | Eudoxia María Neira Fernández | PSdeG-PSOE | |
| 9 | Esperanza Peñalosa López-Pin | PP | |
| 10 | Juan Manuel Díaz Villoslada | PSdeG-PSOE | |
| 11 | Francisco Xesús Jorquera Caselas | BNG | |
| 12 | Xiao Varela Gómez | Marea | |
| 13 | Antonio Deus Álvarez | PP | |
| 14 | Eva Martínez Acón | PSdeG-PSOE | |
| 15 | Mónica Martínez Lema | Cs | |
| 16 | Silvia Cameán Calvete | Marea | |
| 17 | Roberto García Fernández | PP | |
| 18 | Jesús Javier Celemín Santos | PSdeG-PSOE | |
| 19 | María Teresa Gutiérrez Roselló | PP | |
| 20 | María Esther Dolores Fontán Prado | PSdeG-PSOE | |
| 21 | Alberto Lema Suárez | Marea | |
| 22 | María Nazaret Cendán Gayoso | PP | |
| 23 | Juan Ignacio Borrego Vázquez | PSdeG-PSOE | |
| 24 | Avia Veira González | BNG | |
| 25 | Claudia Delso Carreira | Marea | |
| 26 | Roberto Luis Coira Andrade | PP | |
| 27 | Diana María Sobral Cabanas | PSdeG-PSOE | |
- 2023 Alcaldesa: Inés Rey García — PSdeG-PSOE

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta Electoral de Zona da Coruña. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia da Coruña, 22/04/2015 (en castelán).
- ↑ "Coruña, A". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de abril de 2023.
- ↑ Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad: "Real Decreto 209/2019, de 1 de abril, por el que se convocan elecciones locales y a las Asambleas de Ceuta y Melilla para el 26 de mayo de 2019" (PDF). Boletín Oficial del Estado (79): 33963–33964. 2019-04-02. ISSN 0212-033X.
- ↑ "PP y PSOE logran 9 concejales cada uno en A Coruña, donde entra Cs". El Correo Gallego. 26 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019.
- ↑ "El PP y el PSOE empatan con 9 concejales en el Ayuntamiento de La Coruña". La Razón. 26 de maio de 2019.
- ↑ Capelán, Brais (2019-05-26). "26M: Inés Rey, alcaldesa de A Coruña". El Español. Quincemil.
- ↑ Junta Electoral de Zona de A Coruña: "Publicación de candidaturas. Fase proclamación" (PDF). Boletín Oficial da Provincia da Coruña (81). 2019-04-30.