Saltar ao contido

Pazo de Xustiza da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Xustiza
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
1929 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
Wikidata

O Pazo de Xustiza[1] é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña. Acolle a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vista xeral do Pazo de Xustiza

O edificio foi proxectado en 1908 polos arquitectos Ricardo Boán e Julio Galán Carvajal no seu único proxecto común. Porén, aprobouse en 1926 e a súa construción non comezou ata 1928, cando xa falecera Boán e Galán se trasladara a Asturias.[2]

Situouse na que tería que ser unha gran praza do Ensanche[2] para acoller os xulgados da Coruña.

Dende 1989 é a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.[3] Entón os xulgados trasladáronse a un edificio de nova construción deseñado por Xosé Bar Boo.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O pazo é de estilo ecléctico con influencias necoclasicistas e modernistas,[3] se ben a decoración é bastante austera.[2] Entre o proxecto inicial e a modificación que realizou Galán vinte anos despois o cambio fundamental foi esta decoración, máis adaptada aos gustos da época.[5]

Está formado por tres corpos con dous patios nas zonas intermedias e fachadas simétricas.[2]

Posúe unha escalinata solemne central, separada das escaleiras de servizo.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pazo.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 54-55.
  3. 3,0 3,1 Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
  4. Cuatro edificios para una sola justicia
  5. Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]