Santiago Rey Pedreira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1902 A Coruña, España |
Morte | 10 de xullo de 1977 (75 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Milagros Rey Hombre |
Santiago Rey Pedreira, nado na Coruña o 6 de febreiro de 1902 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1977, foi un arquitecto galego.[1] Considérase o arquitecto racionalista máis importante de Galicia.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia liberal, estudou na Escola de Arquitectura de Madrid, onde colaborou con Antonio Palacios.[3] De volta á Coruña comezou a traballar no estudio de Pedro Mariño entre 1928 e 1931. A partir de 1948 asociouse con Juan González Cebrián.[4]
Foi arquitecto municipal da Coruña entre os anos 1932 e 1954.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Milagros Rey Hombre (1930-2014), a primeira arquitecta galega.[6][7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Mercado de Santo Agostiño da Coruña 1932[8] en colaboración co arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.
- As vivendas apareadas da Cooperativa "Domus" na Cidade Xardín da Coruña (1935).[9]
- Estadio de Riazor (1944).[10]
- Ampliacións do edificio do Colexio Compañía de María da Coruña: Entrada e escalina principal (1945), e en colaboración con Juan González Cebrián, o pavillón posterior (1951) e os pavillóns laterais ao edificio orixinal (1960)[11].
- Torre Golpe (1955)[12]
- Torre Coruña (1970) en colaboración con Juan González Cebrián.[13]
- Pazo dos Deportes de Riazor (1970)[14]
- Edificio Torres y Sáez (1974) en colaboración con Juan González Cebrián.[13]
- Torres San Diego (1976) en colaboración con Juan González Cebrián.[13]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mercado de Santo Agostiño
-
Conxunto de vivendas apareadas na Cidade Xardín
-
Edificio Torres y Sáez
-
Torre Golpe
-
Pazo dos Deportes
-
Torre Coruña
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biblioteca Municipal de Estudos Locais". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 09 de setembro de 2010.
- ↑ "xunta.es". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2008. Consultado o 09 de setembro de 2010.
- ↑ El sueño urbano colectivista de un joven arquitecto coruñés
- ↑ Santiago Rey Pedreira. Constructor de ideas
- ↑ "laopinioncoruna.es". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 09 de setembro de 2010.
- ↑ Milagros Rey Hombre: ´¿Por qué no haces arquitectura femenina?´, me dijo el profesor´
- ↑ Fallece Milagros Rey, pionera de la arquitectura y Medalla Castelao
- ↑ Mercado de San Agustín www.coruna.gal.
- ↑ Argiz Vázquez, Emilio (2004). "El Ferrol que pudo haber sido: El “Proyecto de Reforma y Ensanche de la Población” de Ferrol, de Santiago Rey Pedreira (1930)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (27). Consultado o 25 de febreiro de 2016.
- ↑ "Riazor, el estadio municipal coruñés". ABC (en castelán). 22 de maio de 1945. Consultado o 26 de febreiro de 2016.
- ↑ Lema Panisse, C. e Veleiro Pérez, A. (2017). Cen anos educando: Compañía de María A Coruña 1917-2017. Fundación Edelvives.
- ↑ Los rascacielos coruñeses se construyeron a comienzos de los 70
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Los espacios colectivos en las torres residenciales de A Coruña
- ↑ "Franco inauguró el Palacio de los Deportes de La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1945. Consultado o 26 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Rey Pedreira |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muñoz Fontenla, Luis Walter (2012). Santiago Rey Pedreira. Constructor de ideas (PDF) (en castelán). Universidade da Coruña. Consultado o 15-4-2018.