Saltar ao contido

Século I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

século I adC < século I > século II

Hemisferio Oriental no ano 50, a mediados do primeiro século
Hemisferio Oriental no ano 100, a finais do século I

Período de tempo que abrangue dende o 1 de xaneiro do ano 1 ata o 31 de decembro do ano 100 da era cristiá.

Acontecementos importantes

[editar | editar a fonte]

Personaxes destacadas

[editar | editar a fonte]
  • Apolonio de Tiana (3 a.C. - 98): filósofo, matemático e místico grego.
  • Arminio (16/17 a. C. - 48): señor da guerra alemán, coñecido pola súa vitoria na batalla do fraga de Teutoburgo.
  • Boadicea (? - 61): raíña dos icenos, liderou unha rebelión en Britania contra os romanos.
  • Calígula (12 - 41): primeiro emperador romano asasinado.
  • Claudio (10 a.C. - 54): emperador romano, baixo o seu reinado a illa de Britania foi conquistada.
  • Cneo Xulio Agrícola (40 - 93): soldado romano, gobernador de Britania, coñecido por romanizar a rexión.
  • Decébalo (81 - 105): rei dos dacios, coñecido por vencer aos romanos.
  • Domiciano (51 - 96): emperador romano, último emperador da dinastía Flavia.
  • Estrabón (64/63 a. C. - 24): filósofo e xeógrafo grego.
  • Filón de Alexandría (10/15 a. C. - 45/50): filósofo xudeu.
  • Herón de Alexandría (10 a.C. - 70): enxeñeiro e matemático grego.
  • Ignacio de Antioquía (35/50 a. C. - 98-117): bispo da Igrexa Católica en Antioquía.
  • Xesús de Nazaret (6 a.C./4 a.C. - 30?): mesías da relixión cristiá.
  • Xoán Bautista (5 a.C. - 30): predicador xudeu, profeta do cristianismo e do islam.
  • Xudas Iscariote (27 a.C. - 33?): apóstolo de Xesucristo, coñecido por traizoalo.
  • Xulio César Xermánico (15 a.C. - 19): soldado romano, coñecido polas súas vitorias.
  • Liu Xiu (5 a.C. - 57): emperador chinés, restableceu a dinastía Han.
  • Livia Drusilla (57 a.C. - 29): esposa de Octavio Augusto e primeira emperatriz de Roma.
  • Marco Valerio Marcial (40 - 104): poeta romano.
  • María Magdalena (1 a.C. - 70?): seguidora de Xesús de Nazaret, considerada santa polas igrexas católica, ortodoxa e anglicana.
  • Nerón (37 - 68): emperador romano, primeiro emperador que perseguiu o cristianismo.
  • Octavio Augusto (63 a.C. - 14): fillo adoptivo de Xulio César, o primeiro emperador de Roma.
  • Ovidio (43 a.C. - 17): poeta romano.
  • Paulo de Tarso (? - 67): apóstolo de Xesucristo e predicador cristián.
  • Plinio o Vello (23 - 79): filósofo e naturalista romano.
  • Plutarco de Queronea (? - 120): historiador romano.
  • Policarpo de Esmirma (70 - 155): santo da Igrexa Católica.
  • Lucio Anneo Séneca (4 a.C. - 65): filósofo estoico romano, titor do emperador Nerón.
  • Lucio Elio Sexano (20 a.C. - 31): soldado romano, tomou o poder no Imperio Romano en pouco tempo.
  • Simón Pedro (1 a.C. - 67?): apóstolo de Xesucristo, considerado pola Igrexa católica como o seu primeiro papa.
  • Publio Cornelio Tácito (55 - 120): cónsul romano, gobernador, senador e historiador.
  • Tiberio (42 a.C. - 37): emperador romano, fillo de Octavio Augusto.
  • Tito (39 - 81): emperador romano, baixo o seu reinado rematouse a construción do Coliseo.
  • Vespasiano (9 - 79): emperador romano, fundador da dinastía Flavia.

Invencións e descubrimentos

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.