Oza-Cesuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′00″N 8°10′59″O / 43.21667, -8.18306

Véxase tamén: Oza dos Ríos e Cesuras.
Oza-Cesuras
Bandeira de Oza-Cesuras---
Casa do Concello de Oza dos Ríos.JPG
Casa do Concello (sede de Oza).
Situacion Oza-Cesuras.png
Situación
Xentilicio[1] -
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Betanzos
Poboación 5.275 hab. (2014)
Área 151,8 km²
Densidade 34,75 hab./km²
Entidades de poboación 25 parroquias
Capital do concello Oza
Política (2015)
Alcalde José Pablo González Cacheiro
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Oza-Cesuras
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,5%
Na rede
http://www.concellodeozacesuras.es

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras.[3] Segundo o IGE contaba o 1 de xaneiro de 2014 con 5.275 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Concello de Oza-Cesuras ten unha superficie de 151,8 km² e abrangue 25 parroquias. Limita ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis e Mesía, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo.

Oza dos Ríos[editar | editar a fonte]

No termo do Concello de Oza dos Ríos distínguense claramente dúas zonas. A máis setentrional pode encadrarse dentro da comarca das Mariñas. Esta é surada polos ríos Mero e Mandeo nos seus cursos altos, son terras de ribeira e bocarribeira. Cara ó sur, a paisaxe cambia e diminúe a poboación, con terras de montaña que superan os 500 metros de altitude en varios puntos (Pena Moura 554 metros, Brueiro 527 metros).

O relevo é moi accidentado, pois os dous ríos citados sucan profundos vales. O do Mendo é despoboado e de frondosa vexetación, mentres que o do Mero é mais acolledor.

A altura media é de 200 metros, oscilando dende os 40 metros de Roibeira ata os 554 metros de Pena Moura.

Dende o punto de vista morfolóxico pódense recoñecer tres áreas distintas:

  • Zona alta Chá: relacionada coa comarca da Terra Chá, ó sur e sueste de Rodeiro, dende A Ventosa cara á Queimada- O Brueiro e A Corte do Mato.
  • Zonas altas con vales profundos e encaixados: principalmente coas abas oeste do monte do Gato, por onde se encaixa o río Miñatos e o río Mendo.
  • Zonas onduladas e pendentes suaves: a meirande parte do centro e leste do Concello. As dúas zonas están separadas por unha discreta elevación que forma o pequeno Porto de Patarelo.

Cesuras[editar | editar a fonte]

Está formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que conta tamén con outeiros e chans fértiles cun clima tibio e de boa ventilación. Os cumios máis importantes son os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destaca o de Filgueira de Barranca.

Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servindo de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O río Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e O Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12 °C e as precipitacións de 850 a 1.750 mm./ano.

Historia[editar | editar a fonte]

Fusión Oza-Cesuras[editar | editar a fonte]

Bandeira de Oza-Cesuras A Coruña.svg

En marzo de 2012 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e de Cesuras[4]. O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal[5]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos Oza dos Ríos e Cesuras polo que se crea o concello de Oza-Cesuras[6].

No 2013 o deseñador betanceiro Luis Galán creou a nova bandeira do concello que presenta a fusión, en cor vermella, de dúas cruces, as das igrexas de San Xiao de Mandaio (Cesuras) e San Pedro de Porzomillos (Oza dos Ríos)[7].

Administración[editar | editar a fonte]

Até as eleccións municipais de 2015, o concello estivo rexido por unha comisión xestora de 13 membros designada pola Xunta de Galicia[8]. A ela pertencen os anteriores alcaldes de Oza dos Ríos, José Pablo González Cacheiro, e máis o de Cesuras, Julián Lucas Ramírez.

O concello ten dúas sedes que veñen sendo as antigas casas dos concellos fusionados[9].

Poboación[editar | editar a fonte]

Para os históricos de poboación anteriores a 2012 véxase as páxinas Oza dos Ríos e Cesuras.

Evolución da poboación
Censo Total 5.275 (2014)
Menores de 15 anos 438 (8.30 %)
Entre 15 e 64 anos 3.058 (57.97 %)
Maiores de 65 anos 1.779 (33,72 %)

Economía[editar | editar a fonte]

O concello ten a súa base económica no sector gandeiro, agrícola e forestal. A boa situación xeográfica e de acesos, está preto da A-6 fai de Oza-Cesuras un nó de comunicacións entre a costa e os concellos do interior, existe un importante sector de servizos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

En Oza-Cesuras existen varios agros de mámoas[10]:

  • Montes do Gato
  • Mazarelas I, II
  • Sexelle
  • Brueiro
  • Martín

E varios castros catálogados:

  • Castro de Callobre, Cuiña
  • Castro de Monte da Croa, Cines
  • Monte do Castro, Bandoxa
  • Castro de Muruxeses, Rodeiro
  • Castro de Pereirales, Rodeiro
  • Castro de Carraceda, Oza

Festas locais[editar | editar a fonte]

  • Nosa Señora do Carme, en Oza, do 7 ao 9 de xullo.
  • Santísimo Sacramento, en Cines, o 19 e 20 de agosto.
  • Nosa Señora de Belén, en Rodeiro, o 21 e 22 de setembro.
  • Nosa Señora dos Miragres, en Bandoxa, o último fin de semana de setembro.
  • Santa Lucía, o 13 de decembro.
  • Festa do San Antón de Cuiña no mes de xuño ( Festas de Callobre)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oza-Cesuras

Bandoxa (San Martiño) | Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cis (San Nicolao) | Cuíña (Santa María) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Mondoi (Santa Cruz) | Oza (San Pedro) | Paderne (Santiago) | Parada (Santo Estevo) | Porzomillos (San Pedro) | Probaos (Santaia) | Reboredo (Santiago) | A Regueira (Santa María) | Rodeiro (Santa María) | Salto (San Tomé) | Trasanquelos (San Salvador) | Vivente (Santo Estevo)

Lugares de Oza-Cesuras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]