Igrexa de San Nicolao da Coruña
| Igrexa de San Nicolao da Coruña | |
|---|---|
| A Coruña | |
|
Instancia de
| |
|
Estilo
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Diocese
| |
|
Arquitecto/a
| |
|
Dedicado a
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. É unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.
Descrición
[editar | editar a fonte]O edificio ten planta de cruz latina e unha soa nave abovedada. A cada lado da nave hai seis capelas, a maioría funerarias. No interior destacan o presbiterio e as complexas decoracións barrocas. Dúas portas con balcóns permiten o acceso a outras áreas como a sancristía.[1]
A fachada clasicista, de dous corpos, está rematada por dúas torres-campanario.[1] No adro existe un cruceiro.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O templo anterior, do que só se conserva a capela do Cristo, cunha inscrición de 1632 foi destruído no asedio de 1589.[3] A partir desa data e especialmente dende 1688 tivo que ser consolidado e reformado.[4]
A heteroxeneidade e antigüidade do edificio existente fixo necesaria a reconstrución, contra 1740, dun novo templo de estilo barroco.[4] A fachada orixinal, posiblemente de estilo híbrido, foi substituída en 1861 pola actual, proxectada por Faustino Domínguez Domínguez.[1]
Na capela das Dores está enterrada a fundadora do Hospital da Caridade, Teresa Herrera.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 PEPRI
- ↑ Ficha do cruceiro en Turgalicia.
- ↑ 3,0 3,1 Igrexa de San Nicolás
- ↑ 4,0 4,1 Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces: la construcción de una ciudad de comercio (1700-1808) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Nicolao da Coruña |
| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Turgalicia
- Parroquia
- Web da Parroquia Arquivado 24 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.

